Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

05/12/2007 GMT 1

Os españois os menos interesados na política en Europa

sarampelo @ 01:16

 

 As noticias que máis lles interesan son as deportivas

Os españois son os cidadáns europeos menos interesados na información política.prostituta.jpg
 Segundo os datos dun “Eurobarómetro”, os españois son os cidadáns da Unión Europea aos que menos lles interesa a información política. Apenas o 19 por cento dos enquisados aseguran que as noticias ás que prestan máis atención son as relacionadas coa actualidade política, fronte ao 34 por cento da media de Europa.

Daneses (co 62 por cento), holandeses (co 53 por cento) e alemáns (co 52 por cento) son os máis interesados, mentres que portugueses (20 por cento), italianos e checos (22 por cento) están á cola da clasificación.sitúanse xunto con España á cola da clasificación. zapara29ie.jpg

Os españois están interesados en noticias deportivas (40%), as culturais (39%), as de entretemento e celebridades (25%) e as científicas (23%)).

En última posición atópanse as noticias económicas (18 por cento).

Ler máis....larepública.es

-------------------------------------------------------- 

Fervello: Vou comezar con un contundente dito: Se non che interesa a política do teu país, non te preocupes, haberá outros que si lles vai a cousa,  serán políticos,  co tempo lles interesa que  non nos interese. Esa é a crúa realidade. untitled5.bmp

Con esta nova os políticos está a frotarse as mans, é unha “bicoca”, non farán ren por evitalo, non lles interesa, é importante para eles que sigamos lendo “Hola”, vendo “Gran Hermano” e todo o lixo que temos por eses mundos dos “falsimedia”.

Aínda que existen moitos factores sociolóxicos, neste país a apatía por parte dos cidadáns débese moito ao monolitismo dos partidos, un coto pechado onde non hai debate político, soamente existe aquilo de, “...y de lo mío qué..... .

Non vou a afondar moito nisto que ten moita “tela dabondo, Tamén é un factor importante o enrequecimento, as mentiras a trapo, a corrupción etc..Logo están moitos medios de comunicación pervertendo as mentes, en especial algunhas TV aplicando a “subcultura”, eliminando da mente o criterio propio.



recorte1.jpg

Comentarios

Un Comentario »

  1. Forges é tan sabio....e esta sociedade tan facil de retratar....

    Doutora Seymour | 09-12-2007 - 20:21:32 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>