Pío Moa non condena o franquismo nun acto de Nuevas Generaciones
“Nuevas Generaciones” do PP insiste un día despois no seu apoio a Pío Moa Xunto aos mozos do PP, militantes de extrema dereita aplaudiron a non condena ao franquismo

(Foto Plural.com)
“Non condeno”
”Eu direino en dúas palabras: Non condeno o franquismo porque librou a España da Revolución, librou a España da Segunda Guerra civil, librou a España de entrar na Guerra Mundial, condenar as checas”, afirmou textualmente Pío Moa. Entón, os que presenciaban este acto aplaudiron fortemente ao historiador revisionista.
Escoitar en audio as palabras de Pío Moa.
Fervello: Se estas son as novas xeracións do PP, ¿Como serán as vellas?. Estes cachorros pepeiros levan un rumbo sen GPS, nin compás e sen Radar. Coido que non chegaran a porto (falando en términos mariñeiros) porque lles vai a romper o timón, é o que lles falta. A pique non van xa que fan moito ruído e moi poucas noces, entón con tanto berro e noces a moreas a bordo do barco, as “Generaciones Viejas” lles votarán un cabo (ou estacha) para poder atracalos.
Este Sr. Pío "o converso", coido que está a facer apoloxía do fascismo e anda pola rúa como “perico por su casa”sen que ningún fiscal lle meta man. Vds. Fáganse unha composición de lugar: se calquera responsable dun partido maioritario en Europa falara en público de non condenar a Hitler e o nazismo. ¿Que pensades que acontecería?. Coido que iso non pasa nin pasará. España segue sendo diferente. Que mágoa de país.

Chúzao
del.icio.us





Vaia, vaia, cos cachorros do PP. O partido popular leva anos, desde
Aznar, escorándose cara a extrema dereita por parte de algúns dos seus
dirixentes mais representativos. Non é de estrañar, pois, que as novas
xeracións leven es mesmo camiño.
O Raposo | 01-12-2007 - 12:30:28 GMT 1 #
Razón tiene el tío: nos libró de lo mejor de la intelectualidad europea de entonces, nos libró de la verdadera ciencia, nos libró de la igualdad social... ¡De cuántas cosas nos libró! Y nos trajo la eterna intolerancia, el clasismo, la hegemonía cultural de unas regiones sobre otras, de unas lenguas sobre otras, la supersiticón, la religión, la incultura. ¡Cuántas cosas nos quitó y nos dejó que siguen presentes en personajes como este Pío Moa!
Si no lo has leído, te convido a leer una entrada interesante que escribí sobre Franco.
Gustavo | 01-12-2007 - 15:33:17 GMT 1 #