A proposta de Chávez á OPEP
A proposta de Hugo Chávez á OPEP
Prensa Latina (Mario Esquivel).-16-11-2007
Mentres os mercados seguen con atención o desenvolvemento do Cume en espera dun sinal que favoreza a diminución dos prezos do petróleo, Hugo Chávez proporá á OPEP ampliada coa incorporación de Angola e Ecuador, a asunción de obxectivos que van máis aló da mera xestión da oferta do cru. Venezuela ten a intención de exportar na próxima cume da OPEP a adopción, na subministración de petróleo, dunha fórmula para protexer aos países máis pobres do encarecemento das súas facturas enerxéticas. Con ese propósito operan xa instrumentos de cooperación como PETROCARIBE e PETROSUR, con vistas a evitar que o aumento na cotización do cru alcance, ao dicir de Chávez, a dimensión de "bomba destrutiva para as débiles economías do terceiro mundo". 
O carácter geopolítico da OPEP podería definirse ademais na asignación dunha parte dos ingresos polas vendas de petróleo cara a programas sociais en América, Asia e Africa. Ás propostas do presidente de Venezuela oporanse países como Arabia Saudita e, en xeral, os aliados dos EEUU, pouco dispostos a romper as fórmulas do “conservadurismo compasivo” cunha medida estrutural da entidade das que promove Hugo Chávez. En todo caso e en contra dos desexos dos líderes neoliberais e dos seus cómplices coroados ou non- Chávez non calará e as súas mil voces chegarán a todos os confíns do mundo.
Fervello: Chávez terá moi boas intencións para axudar aos países máis pobres. ¿Que van dicir a isto os países de occidente neoliberais, cos seus presidentes e monarquías “democraticas”?. Iso de que van consentir, non o cre nin o que “asou a manteca”.
Isto é o que interesa para unha boa marcha deste planeta, non eses patriotismos de postal, manipulacións mediáticas que estamos a padecer nestes últimos días, tratando de agochar o verdadeiro problema.
------------------------------------------------------------------
O partido de Lula relaciona a figura do Rei de España co fascismo.LER MÁIS
Discurso de Chávez na OPEP

Chúzao
del.icio.us




