Palabras do Rei de España a Chavez
O rei grítalle a Chávez na clausura do cume iberoamericana: "Por que no te callas"
Don Juan Carlos saíu en defensa do ex presidente Aznar.
Abandonou a sala no discurso de Ortega presidente de Nicaragua
Don Juan Carlos deixou tamén claro o desagrado da delegación española cunhas palabras posteriores de Daniel Ortega, xa que, de acordo con Zapatero e nun xesto inusual, decidiu abandonar a sala cando escoitou de boca do presidente de Nicaragua unha serie de críticas á eléctrica española Unión Fenosa.Ler máis no xornal Público.es
------------------------------------------------------------------------------------
Chávez dixo :“Un verdadero fascista”. Estas son as palabras que dedicou o presidente de Venezuela ao ex xefe do Executivo español, José María Aznar, onte, na XVII Cume Iberoamericana, aínda que non foi o único que recibiu as flores do líder bolivariano.
Chávez tamén criticou duramente á patronal española e acusouna de ser parte da “oligarquía empresarial” que apoiou o golpe de estado de abril de 2002.Tamén dixo que: “El presidente de la patronal española vino aquí, a la cumbre, a manifestar preocupación por Venezuela. Son los mismos que apoyaron el golpe de abril, la derecha española. Los empresarios que vienen a decirnos en documentos que es el libre mercado la solución, el camino, el neoliberalismo. Están totalmente desconectados de la realidad”. “Son las clases ricas las que quieren mantener su cohesión social”.Tamén comentou nas sesións do cume e insistiu nesas críticas, sostendo que nunha conversación privada co antes presidente Aznar, respondeulle "eses fodéronse" (sic) ao aludir aos países máis pobres do mundo.
O ex presidente do Goberno José María Aznar falou por teléfono co Rei e co xefe do Executivo, José Luís Rodríguez Zapatero, para agradecerlles o apoio expresado no Cume iberoamericano de Santiago de Chile ante as críticas do presidente de Venezuela, Hugo Chávez. Ler máis.... 20 minutos
O presidente venezolano replicou de inmediato reiterando o epíteto de "fascista" contra José María Aznar e recordando o apoio que este lle deu ao golpe de estado na súa contra no ano 2002.
De xeito inusitado interveu o rei de España, Juan Carlos de Borbón, quen se atopaba sentado á beira de Zapatero, e dirixíndose ao presidente Chávez díxolle:
"Por que non te calas?". Ao que o xefe do Estado respondeu: "O Goberno de Venezuela resérvase o dereito a responder calquera agresión, en calquera lugar, en calquera circunstancia". Esta última intervención do mandatario venezolano suscitou aplausos dos presidentes iberoamericanos que viron con satisfacción como as augas volveron ás súas canles. Ler máis....Diario de Caracas -
-----------------------------------------------------------------------------------------------
¿Por qué no te calas Borbón franquista?
Comentario de José Manuel Martín Medem
"Si alguien no tiene respaldo para callar a otro en las reuniones iberoamericanas es el rey de España que es el único jefe de Estado o de Gobierno que no ha sido elegido por sus ciudadanos.Si alguien tiene razón en sus intervenciones en la Conferencia Iberoamericana son los que acusan de fascista a Aznar y denuncian la voracidad imperialista de las empresas españolas en América Latina.Contra Aznar es suficiente recordar su complicidad con Bush y sus paseos en el avión del jefe de la mafia que desde Miami organiza los atentados terroristas en Cuba y colaboró en sus campañas electorales". Ler máis...... comentario de José Manuel Martín Medem na República.es -
-------------------------------------------------------------------------------------------
Un bo artigo de Perfecto Conde no seu Blog
"¡Se callen, coño!" ou "¿por que no te callas?"
-------------------------------------------------------------------------------------------
Palabras de Chávez que algúns “falsimedia” de España non dixeron
“Con la verdad ni ofendo, ni temo” fue la corta respuesta del presidente Hugo Chávez Frías al mandatario español José Luis Rodríguez Zapatero, para significar que su juicio a la verdad del pasado, representado por el expresidente derechista José María Aznar, no tiene porqué ofender a los españoles ni al gobierno español actual.
"el Gobierno de Venezuela se reserva el derecho de responder a cualquier agresión en cualquier espacio y momento”. Aplausos dos mandatarios Iberoamericanos
“No puede minimizarse la influencia de los factores externos en la historia latinoamericana", como la protagonizada por Estados Unidos al impedir la evolución política democrática de la región, “
“Yo también he tenido fusiles en mi mano y he estado preso, pero ahora estoy envuelto en un huracán revolucionario que queremos Rodríguez Zapatero que sea pacífica. Pero no depende exactamente de nosotros que sea pacífica, por eso no podemos caer en el error de minimizar los factores externos”.
También recordó que durante la implantación del gobierno de facto de Pedro Carmona Estanga (golpe de estado) en abril de 2002, los únicos embajadores que estuvieron presentes durante la juramentación fueron el de Estados Unidos y el de España.
El presidente de la República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, recibió este sábado, por parte de la Universidad de Artes y Ciencias Sociales (Arcis) de Chile, el grado de Doctor Honoris Causa. La entrega de este título, que estuvo a cargo del rector de Arcis, Carlos Margotta Trincado, se realizó en el contexto de la Cumbre por la Amistad e Integración de los Pueblos Iberoamericanos, la cual se realizó durante los días 8, 9 y 10 del presente mes.
"Será Rey pero no me puede hacer callar"
---------------------------------------------------------
Fervello:Algúns xornais apareceron esta mañá do domingo con algúns titulares. O que máis me chamou a atención foi este: “Don Juan Carlos, en un hecho sin precedentes, se va de la Cumbre en señal de protesta por las acusaciones a España”. Coido que Chávez e Ortega non se meteu co pobo español, o que si foi chamarlle as cousas polo seu nome, como dixo Chávez:“Con la verdad ni ofendo, ni temo”. Dixo en alto o que moitos españois pensamos do escritor Sr. Aznar.
A situación colonial que viviron estes países perpetúase hoxe a través da empresas estranxeiras privadas, que en xeral son cuasi- estatais nos seus países de orixe. Teñen todo o dereito do mundo a indagar as causas tanto internas como externas que levaron a momentos como os do ano 2001, e a denuncialas. E isto non impide asumir a responsabilidade de construír o futuro de Iberoamerica. Pregunto, como é que os principais países que sostén a democratización o mundo e a liberdade de mercado teñen culto a monarquías que ninguén elixiu.
Eses países teñen que sacar de enriba todo tipo de xugos. Non os van a aceptar aínda que vaian disfrazados de Repsol, Telefónica, Fenosa, BBVA etc..Penso que non faltan ao respecto describindo a realidade deses países, aínda que se ofenda o Rei, Zapatero ou o “Que asou a manteca”.
Aquí descubriuse aos detentadores do poder mundial, España incluída, como os seus xerentes odian o ser desmascarados .A verdade é que, España no foi unha ponte para Iberoamérica como dicía Felipe González naqueles tempos do seu goberno, senón un trampolín para as empresas máis fortes. Empresas que eran públicas e logo privatizadas polo goberno socialista daquel entón. Estas empresas pasaron a dominar e explotar boa parte da economía americana, o de Nicaragua foi sangrante, así o dicía o seu presidente Ortega, que foi cando o Rei se marchou do cumio.
Na actualidade aquel experimento neoliberal está fracasado e marchan nun camiño de mercado común interno blindado e recuperando ese terreo que tiñan esas empresas estranxeiras. Queira ou non queira España e outros países de Occidente, foi o que votaron oito países daquel continente, e hai que respectalo, e se non se respecta ten que saír algún mandatario a dicir catro verdades como as que dixo Chávez.
Esta é a nova configuración deses países americanos. Ni “madre patria” nin “país irmán”, nin “farrapos de gaitas”.Coido que o Rei actuou desde unha perspectiva de país colonialista como nos tempos da España onde non se poñía o sol. A min non me ofendeu o Sr. Chávez nin Ortega como español e galego que son. Dixo nin máis nin menos dun ex-presidente o que se merece. ¿Este ex ten o dereito e ninguén se racha as vestiduras cando en algúns foros de Iberoamerica insulta e pon a caer dun burro a Chávez?. O Rei coido que non lle chamou a atención en ningún intre.
O Rei tiña que saber que non estaba xogando na súa casa e que non é un xefe de estado elexido democraticamente, como todos os que estaban ali, inclusive facendo un desaire ao pobo chileno ao non se quedar nin a escoitar o himno de Chile.
Agora algúns medios de comunicación españois ao servicio dese neoliberalismo salvaxe, comezan a quentarlle a cabeza ao persoal, terxiversando, falando de patriotismo e moitas caralladas máis. Non defenden aos españois (iso é unha falacia), están a defender certos intereses bastardos.
Fomos a crear ventos nos anos 2000 a ese Continente e non ten que estrañar que recibamos treboadas. Todo o demais son patriotismos de salón.
Por Fervello.
Video recollido do xornal dixital Público.es
Cando fala Ortega. Aquí é cando se levanta o Rei.
Con esta actuación. ¿A quen defendía?. Aos españois en xeral ou a oligarquía deste país donos desas corporacións.

Chúzao
del.icio.us





No salía de mi asombro cuando lo vi: ¿era el rey o ese actor que le imita también de la televisió catalana? Esa salida de tono, dejando de lado el show al que nos tiene acostumbrados Chávez, no es propio de un dignatario en misión diplomática. Observemos sin más las formas: "Por qué no te callas" es una frase propia de una discusión de bar, o de un alumno reprendiendo a sus alumnos porque no paran. Las formas para referirse a un mandatario, independientemente de sean o no amigos (que creo que no es el caso) hubiera sido: "¿Podría hacer el favor de dejar hablar al presidente Zapatero?"; y no creo que sea por falta de educación: la figura del rey está cayendo en picado cada día más.
Honra a Zapatero la defensa de Aznar, cosa que el bicho no hubiera hecho al revés. Chávez no atacó a los españoles realmente: sino a las empresas que están arruinando día a día a Latinoamérica.
Gustavo | 11-11-2007 - 12:31:05 GMT 1 #
Pois nada, agora a arranxar a desfeita...
Doutora Seymour | 12-11-2007 - 19:13:04 GMT 1 #