Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

05/11/2007 GMT 1

Comando Cultural "Os Rabiscos"- Artigos, Curmán do Fervello. " A Voltas con Mariano"

sarampelo @ 15:42

 Comando Cultural "Os Rabiscos" 

Artigo do "Curmán do Fervello"  

A voltas con Mariano. 

Alguén pensará que estou a mal con Mariano Rajoy, mais non é certo. Aprecio, estimo e quero a Mariano, tanto, que cando dixo aquelo de “mi primo me ha dicho…” pensei de súpeto no colaborador deste blog e do Diario de Arousa, Gonzalo Bouza Brey, que é curmán por parte de nai, e iso é ser moito primo, non coma min, que simplemente son curmán do Fervello.

O caso é que tras a sentencia do 11 M, Mariano acaba de ver as orellas ao lobo, ou sexa, que rematou por comprender que así non gaña as vindeiras elecións, que é do que se trata.20070425181711-apropositodemariano.jpg

Mariano ten abondo problemas como para amosar preocupación sincera polo cambio climático, total, él veranea en “Sangenjo de toda la vida” e últimamente nun tremendo pazo no Salnés, propiedade dun amigo seu con posibles, e neses sitios a mudanza climática é cousa de pobres e mileuristas ou, pior, de progres casposos e rancios ex comunistas, vaia tropa. E se o cambio climático dalle… igual, excusen preguntarse qué opinión ou criterio terá por calquer outra cousa máis miuda.

Mariano é así, e tan así é que até o xornal monárquico ABC advirtiulle antes da sentencia do 11 M, e agora despois de emitida a mesma, que por aí vaise direto á derrota e que ese pozo non saca máis auga, agás auga para o muiño do PSOE.

 E parece que Mariano tomou nota porque un pode estar moi ben con El Mundo, pero ten revirado ao ABC sendo de dereitas como é Mariano, pois mal tema, mal asunto.

 De aí que tanto o xornal monárquico coma o oficialista El País leven uns días ofertando unha saída digna a Mariano, algo así como “deixa o tema do 11 M e carguemos, todos xuntos e en unión contra El Mundo e a COPE”. Veremos se Mariano aceta mariano.JPGa oferta e veremos qué pasa con Acebes e Zaplana.

Con independencia do que faga Mariano para sair con ben do marrón no que está metido, é de xustiza recoñecer que este home non serve para isto da política, especialmente a política interna do PP. Vale que Mariano exerza de galego en Madrid, pero non é Francisco Franco, que deixaba que as situacións apodreceran e cando ulían cargábase a dous ou tres ministros de bandas contrarias e enfrontadas.

Mariano non se decatou de que estamos unha sociedade dinámica que precisa de líderes políticos áxiles e ao loro e non dirigentes que nen suben, nen baixan, que só están no descansillo fumando un puro, agardando a que Zaplana entre no talego polo asunto de Terra Mítica ou a que Acebes teña coraxe e monte un partido de extrema dereita.Así, Mariano, non podemos seguir. 

 O curmán do Fervello.

 

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. A min xa me chega o ser curmán do curmán do fervello, por moita honra. Non me gustaría ser o "zumosol" do Sr. NO, iso llo deixamos para G. Bouza-Brey.

    Fervello | 05-11-2007 - 15:59:43 GMT 1 #

  2. Nin de coña, non te fajas ilusións.
    Estes están nun viaxe sin retorno.
    Ou todo ou nada, dirán eles.
    Nada, espero eu.

    Ninsesabe | 08-11-2007 - 21:58:23 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>