Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Sentencia do 11 M

sarampelo @ 14:11

 

Sentencia do 11 M  

Tódalas falsidades quedaron completamente espidas, quebradas, afundíronse. 

Unhas horas despois que se fixera pública a sentencia sobre o peor atentado da historia de España, o programa de TVE, 59 segundos, analizaba nunha edición especial todo o referente ao fallo xudicial que provocou o desvanecemento da chamada teoría da conspiración.     Ler máis... plural.com e vídeo. 

Ver vídeo 59 segundos...  

Fervello: Coido que esta sentencia foi como unha patada na cara contra esas actitudes de persoas como Rajoy, Acebes, Ignacio del Burgo, Zaplana, Martínez Pujalte, o teórico da FAES un tal Aznar e moitos dirixentes do PP que sempre desde o primeiro intre estiveron manipulando á opinión pública para beneficio dos seus obxectivos políticos, sen respeto pola verdade, polas víctimas e polas persoas que votaron ao PP.

Na sentencia non temos nada que diga que fora ETA. O máis triste son eses medios (falsimedia) que alentaron e seguen alentando a confusión como o xornal El Mundo e a COPE, cos seus fanatismos, mentiras, montaxes manipulando informacións, soamente para facer negocio con dor de centos de familias. Estes xornalistas ignominiosos merecen todo o desprezo da sociedade, tiñan que ir a cavar as leiras escribir os regos da terra co legón, en vez de usar a pluma. 

¿Quen provocou que o terrorismo islámico puxera os ollos en España?. ¿De quen foi a decisión, persoal, de apoiar ao xenocida Bush nunha guerra inxusta a todas luces? . Esas son as preguntas do millón. Eu xa a sei, non sei se vos as sabedes. É moi fácil a resposta.

 

 



Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>