Non saen as contas do proxecto da Cidade da Cultura impulsado por Fraga
Non saen as contas dun proxecto impulsado por Fraga DM . el plural com.. Ler máis........... Logo do seu curmán científico, agora salta á palestra o cuñado de Rajoy, Manuel Fernández Balboa, que foi contratado pola Xunta para dirixir as contas da Fundación Cidade da Cultura, que implica a construción dun macrocomplejo cultural en Santiago de Compostela. O primeiro orzamento destinado a este proxecto supuxo un montante de 108 millóns de euros. Seis anos e medio despois este subiu a 380 millóns. Non é o único enchufado. Outros dous familiares de altos cargos do PP foron contratados para traballar na xestión da construción. Publico.es / moi interesante a información
¿Foi o cuñado de Rajoy enchufado na Cidade da Cultura? 
Enderezo do País. Ler máis...........
Currículum e Carta de presentación do personaxe Balboa
Premer nos documentos
Fervello: Vaia tropa, se votan catro anos máis rematan con Galicia e nos enchen de chalets e praias privadas desde Ribadeo ata A Garda.
O cuñado de Rajoy Sr. NO Manuel Fernández Balboa, di que non sabe, que non lembra, que non ten memoria. Chegoulle agora o alzheimer soamente no Parlamento de Galicia.
Din as malas linguas de Sanxenxo que, o rapaz é moi “guapito”, ollos azuis de boas familias (aínda non sei que quere dicir iso de boas familias), un pouco “pijo”e moi, pero moi amigo do Sr. NO antes de casarse coa súa irmán.
O Sr. Arquitecto Alfredo Díaz Grande (Freddy) un dos amigos máis íntimos do Sr. NO, esposo de Pilar Rojo que fora Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, tampouco lembra ren de ren..Seica que o portavoz do BNG lle dixo en plan irónico se tamén non recordaba que a súa dona era Pilar Rojo.
Entereime por boas fontes (xente achegada por motivos profesionais a esa tropa) que, este Freddy enviou ao Sr. NO naquela guerra das bandeiras o pasado 12 de outubro, unha morea de SMS con frases patrióticas ao estilo franquista, algúns pensaron que volvía os Guerrilleiros de Cristo Rei de Sánchez Covisa.
Como vedes algúns aínda coido que dormen coa foto de Franco ao pé da mesadenoite. Seguen co estilo daquel réxime, enriquecerse a conta do pobo. Mal raio os parta a toda esta tropa do carallo.
Fotos: á esquerda o Balboa e a dereita Freddy e ao principio o corpo do presunto delito.
Resume por Ignacio Escolar de Público.es
Con esta carta de presentación e este currículum, o cuñado de Rajoy, Manuel Fernández Balboa, foi contratado pola Xunta de Fraga para traballar como director financeiro da faraónica obra da Cidade da Cultura.
A carta escribiuse só catro días despois de que a Consellería de Cultura inciáse os trámites para cubrir o posto, cando aínda non había información pública sobre a praza.
Fernández Balboa só traballara un ano como bolseiro nunha fundación e uns poucos meses máis xestionando os contratos de recollidas de lixo en Pontevedra para Dragados.
Con esa experiencia, manexou un orzamento de 108 millóns de euros.
O Parlamento Galego abriu unha comisión de investigación. Onte o cuñado tivo que testificar ante ela.
O currículum está asinado en xaneiro de 2001. O cuñado de Rajoy di ter gran coñecemento de calquera procesador de textos, Word, Worperfect (sic), etc, coñecemento a fondo das follas de cálculo Excel 5.0 e 7.0? e alto dominio das bases de datos Access 2.0 e 7.0. Tamén presume dun dominio profundo de Windows 95. Estaba á última. Mágoa que para entón xa saíran Windows 98, Windows Me e Windows 2000.

Carta de presentación

Chúzao
del.icio.us





¿Cuánta más familia tiene Mariano? Porque parece que últimamente el clan Rajoy y allegados está saliendo a la palestra.
Gustavo | 26-10-2007 - 09:42:10 GMT 1 #
Pois terá un nivel medio de inglés, pero eu que son un palurdo sei que se escribe WordPerfect, e non WorPerfet...Así que xa me justaría a min velo en Londres. Sejuramente é da escola de Ansar...
Ninsesabe | 28-10-2007 - 23:23:49 GMT 1 #
Parece que Rajoy ten unha familia do mais interesante e espelida. Vaia, vaia...
O Raposo | 31-10-2007 - 12:30:03 GMT 1 #