Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Juan Fajardo, IU e a Monarquía-Artigo de G.Bouza-Brey

sarampelo @ 14:02

Comando Cultural “Os Rabiscos”  

 

* Juan Fajardo, IU e a Monarquía

gonzaloratonteoeduardo-rubianes.JPGPor Gonzalo Bouza-Brey 

Artigo tamén publicado no Diario de Arousa    

Días atrás coa visita dos Príncipes a Vilagarcía de Arousa o señor Fajardo e demais responsables de Izquierda Unida no municipio verqueron diversas declaracións en contra da visita e que a súa organización e cargos públicos non concurrirían a ningún acto no que estén presentes membros da Casa Real.

Evidentemente calquera pode facer o que queira, asistir ou non asistir aos actos públicos como lles apeteza, pero o que si non poden dicir é que non van en base ao ideario de IU.Non sei se é unha mostra de cinismo político ou que cren que os cidadáns somos uns desmemoriados. Pero non.72172ced4ca7cp.jpgTodos recordamos como Santiago Carrillo, Gerardo Iglesias e Julio Anguina, ex secretarios xerais do PCE, e Gaspar Llamazares, tamén militante do mesmo partido e coordinador actual de Izquierda Unida, concurren normalmente ás recepcións da Casa Real, ben no Palacio da Zarzuela ou no Palacio Real.

Razón pola cal non son quen os izquierdistas vilagarciáns para falar en nome de toda Izquierda Unida e do seu ideario, porque os feitos realizados polos seus dirixentes amosan todo o contrario.

Viña ben relembrar que os comunistas votaron a prol da monarquía no referendo constitucional de 1978 e todos os seus cargos públicos prometeron dende aquela asumila mesma e acatala. Iso é memoria histórica.

Non podía ser doutro xeito e creo estar capacitado para dicilo, pois dase o caso que nese tempo era secretario político do comité comarcal do PCG e membro do seu comité provincial, onde seguindo as directrices da dirección do partido, tiven que facer ampla campaña a prol do texto constitucional.

Mais non polo dito pense ninguén que fago renuncia á miña condición de republicán, pero sei ben que mentras o pobo en consulta popular non se decida pola ansiada III República, todos temos que asumir e respetar e acatar o sistema constitucional, o demais son ganas de aparecer na prensa por calquer motivo.juan-fajardo1.jpg  

 

 

 

* Juan Fajardo Recouso é na actualidade portavoz do grupo de IU no Concello de Vilagarcía de Arousa. Conta con tres concelleiros.

 

 A o amigo Gonzalo

Nota publicada no Diario de Arousa

Nota ao artigo : Lle quixera lembrar (por si non recorda) ao amigo e camarada Gonzalo que, eu naquel entón militaba no PCG en Vigo  e non comulgaba coas directrices que viñan da sede central do PCE (rúa Peligros de Madrid, se non recordo mal), pricipalmente coas consignas de Santiago Carrillo. Non movín nin un só dedo para facer campaña  a prol da Constitución, polo feito de que éramos republicáns. Aquela Constitución (pola que nos reximos hoxe) fixo entrar a monarquía pola porta grande, sen consultar ao pobo. Moitos dos que militabamos e algúns que tiñan responsabilidade no comité de Vigo ( non digo nomes, xa que hoxe algúns teñen cargos políticos de responsabilidade e cada quen coa súa conciencia), non foron a votar, entre eles eu, e por iso non teño ningún remordemento  ante este tema.

 

Sabes Gonzalo ,que moita xente que loitamos contra o réxime  fascista fumos excluidos  dese proceso por non acatar o políticamente correcto, hoxe eses mesmos  daquel entón (moitos  con cargos políticos) que tolean pola República son uns hipócritas,  parece que non lembran aquelas datas, ou non se queren enterar. A memoria histórica desde o pasamento do dictador tamén temos que contala con obxetividade e non darlle gato por lebre nos centros educativos ás novas xeracións.

Hai tres cousas moi importantes que tiveron que acontecer para non estar hoxe facendo unha clara hipocresía ante a memoria histórica: o primeiro rachar con todo vestixio do franquismo, segundo preguntarlle ao pobo que réxime quería e terceiro unha roptura  co fascismo e non pandar coa reforma que foi o que nos impuxeron. Aquela Transición política foi darlle unha aspirina ao doente que tiña cangro. As consecuencias de todo iso é que hoxe as estamos pagando con creces. Unha dereita ultramontana e rexurdimento do franquismo. A mágoa que de todo o que pasou sen curar ben ao doente é que aínda hoxe despois de máis de trinta anos, esa dereita non asimilou que estamos no século XXI, e non se parece en nada a esa dereita do noso entorno europeo. Gonzalo, soamente escoitar a Mayor Oreja enaltecendo o franquismo dame pé para lembrarche toda a represión que pasamos naquela "longa noite de pedra".

 

 Lembras Gonzalo que, daquela houbo moito traidor no PC, trocaron os ideais por un posto, e ti e máis eu sabemos moi ben como foi o "tinglado" da transición. ¿Recordas  cando Carrillo sacou aquel libro do Eurocomunismo?,  eu o puxen no water para cada día ir sacando folla por folla, pero non curiosamente para leelo. E se poñemos nomes deses traidores. cousa que ti e máis eu sabemos, non queda títere sen cabeza, algúns deles que hoxe rixen os destinos de Galicia, chegaron a renegar da súa militancia no PCG. Sorpresa levei Gonzalo, cando olleo un curriculum dun alto cargo da Xunta onde non ven a súa militancia comunista, ¡que mágoa!, verdade Gonzalo.

.

 O Sr. Fajardo daquela era un neno e non tiña a idade para votar, e coido que é consecuente coas súas ideas. Nembargantes, o seu proceder como cargo público quizais non fora o máis acertado pero o comprendo. El non ten a culpa de que nós comulgaramos con pedras de muíño. Así como nós loitabamos para acadar unha democracia, el tamén ten hoxe o dereito de loitar  ( como xóvenes  que son), de tratar de emendar os nosos erros daquel entón

Gonzalo, como ti sabes eu marchei do PCG fai unha morea de anos, e non volvín para ningún partido ata a data de hoxe, ti aos dous anos de aprobarse a Constitución, sendo concelleiro de Vilagarcia, marchaches para o PSOE. Estou a falar desa memoria histórica sen ánimo de acritude, xa que eu che considero un bo amigo, pero no referente á política temos que ser máis ecuánimes e sinceros, non por nós, senón por estas novas xeracións e polas vindeiras. Saúdos Gonzalo.

teodomiro_cardalda_fdez.jpgTeo Cardalda Fernández

 

 

 

gonzaloratonteoeduardo-rubianes.JPGBiografía 

GONZALO RAMÓN GAEL BOUZA-BREY VILLARNace en Vilagarcia de Arousa o 18 de abril de 1952, desde os dez anos escribiu os seus primeiros poemas gañando os Xogos Florais Minerva no ano 1968 aos 16 anos.Fixo estudios de Dereito e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde por ser delegado da Facultade foi represaliado e expulsado da mesma, o que provocou unha folga xeral de tres meses ata que os seus compañeiros acadaron que fora readmitido e volvera ás aulas. Desde esa estivo dedicado activamente na loita política, foi detido unha morea de veces para logo ser electo nas primeiras eleccións democráticas Tenente de Alcalde polo Partido Comunista de Vilagarcia, dentro dunha maioría de esquerda no ano 1979.Seguiu desenvolvendo as súas actividades culturais sendo secretario fundador da Asociación Cultural de Arousa, posteriormente do Ateneo de Arousa e logo do Patronato da Banda de Música Municipal de Vilagarcia. No ano 1997 é presidente do I Congreso de Poesía Galega celebrado na capital arousán; dirixiu tamén as Xornadas de Historia no Concello de Catoira dedicadas á Resistencia Cultural ao Franquismo e no ano seguinte as dedicadas á Guerrilla Antifranquista.Participa activamente en cantidade de actos culturais por tódolos pobos da Ría e foi Director do Suplemento Cultural “ Arousa Mar de Cultura” do Diario de Arousa.Ten publicados 37 traballos sobre diversos temas de Etnografía e Historia, así como dous libros de poesía de onde saen as cancións recollidas por Olalla Bouzas. Tendo en preparación neste intre tres libros máis sobre Etnografía, Gastronomía e Historia.É autor de máis dun milleiro de artigos etnográficos, históricos, políticos e poesía en os principais xornais de Galicia: Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego e a Voz de Galicia, algúns deses artigos ían asinados con o seudónimo de Gael e Gonzalo Ramón. Ao día de hoxe segue a traballar pola cultura e defensa dos ancestros culturais de Galicia en especial da Ría de Arousa.

 

 

 

 

 

 

 

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>