Rajoy e o cambio climático, Sr. No
Palabras do Sr. NO
Rajoy resta importancia ao cambio climático aludindo ao seu curmán científico
"Se ninguén garante nin que tempo fará mañá en Sevilla Como van dicir o que vai pasar dentro de 300 anos?", manifestou o líder do PP
Fervello: ¿E este quere ser presidente deste país?. Imos de puto cu. Agora fala do cambio climático como se fora o home do tempo. Seica lle preguntou a un curmán seu (o de Zumosol), catedrático de universidade. Deus me libre de que un fillo ou neto meu sexa alumno deste científico erudito, ou sae podre de mente ou paspán.
A un servidor non fai falla que lle pregunte a un experto nesta cousa, soamente lle preguntei a dous mariñeiros do meu pobo, un de 90 anos e outro de 86, ¿Sabedes o que me dixeron?. Que o que está a pasar coa auga do mar en temperatura na ría no é normal no mes de outubro, que este ano foi moi tolo, que levamos fai uns anos que non é normal o tempo .
Eu sempre lles fixen caso aos vellos mariñeiros que diso entenden de moito carallo, como por exemplo: me din que algunhas especies de peixe xa non existe na ría como o “trancho” etc.. e cren que marchan polas temperaturas do mar e exquilmación.
Logo por outra banda sae a Sra basca, outra incombustible María San Gil en defensa do seu xefe onde dixo que: “Rajoy tiene todo el sentido común, y que los españoles tenemos problemas más acuciantes, saber qué ha pasado entre el presidente del Gobierno Zapatero, y la banda terrorista ETA”. Pero esta tía que di, que terá que ver o touciño coa velocidade. A un servidor preocúpame que os meus netos teñan un mundo mellor (se non rematan con el), o de ETA dentro de 20 ou 30 anos ese problema xa non existe, pero detro deses anos ao mellor xa non existe o planeta. Esta tía paréceme “tonta del bote”.
Despois da devandita "receta" escrita como "coña mariñeira" , vou escribir un pouco máis con seriedade, teño que dicir que o Sr. Rajoy non dixo iso como unha barbaridade. Se analizamos todo o contexto na actualidade a nivel mundial , é unha consigna que comeza a espallar o neoliberalismo (neocon) para ir quentando motores ante a opinión pública e ir xustificando o consumo ata límites insospeitados. Son consignas que saen da FAES sucursal das grandes corporacións mundiais. Non, Rajoy non é tan idiota como pensamos, segue os mandatos dos que gobernan o mundo na sombra. Intentan crear dúbidas sobre a opinión pública coa axuda dos grandes medios de comunicación, optendo un estado de opinión positivo para eses bastardos fins das multinacionais. Coido que esa é a realidade.
Agora entra o debate entre os partidos, asociacións ecoloxistas etc, para saber quen é o máis bo. Non, o debate non é ese. O debate a falar claro e ir ao "meollo" do problema, coller o touro polos cornos e señalar co dedo de quen é a responsabilidade de tanta irresponsabilidade. É moi doado, que llo pregunten os partidos que se consideran de esquerdas (pricipalmente o PSOE) aos movementos antiglobalización. Coido que saben moito desta materia. Pero iso non o poden facer, é politicamente incorrecto. Así nos vai.
Se a principio do comentario falaba de que este home (Sr. NO) quere ser presidente deste país, non falaba soamente polo comentario que fixo, senón que imos de puto cu se iso se fai realidade polo que representa e a quen representa, isto é o máis grave.

Chúzao
del.icio.us





O señor "hilillos de plastilina" semella que quere pasar a historia como
un dos políticos españoles que mais tonterías dice. Ben, pois eso xa o
está conseguindo.
E habería que facerlle un seguimento o primo, que tamén debe ser un bo
elemento, como científico digo!
O Raposo | 24-10-2007 - 09:08:50 GMT 1 #
A parte de la desafortunada frase de "mi primo", que a un vecino le queda muy bien, pero no a uno que quiere llegar a ser presidente del gobierno, eso de "que es científico" ¿qué quiere decir? Porque científicos hay muchos... ¿Es metereólogo, espeleólogo, dietista, biólogo...? Eso no es un argumento serio.
Discrepo do Raposo: para mí el récord de tonterías lo ostenta y lo ostentará siempre Manuel Fraga Iribarne.
Gustavo | 24-10-2007 - 09:24:42 GMT 1 #