O Concello de Madrid regala un millón de euros a un elitista club de golf
O Concello de Madrid regala un millón de euros a un elitista club de golf
O Grupo Municipal de EU no Concello de Madrid cualificou de "inmoral" a subvención dun millón de euros concedida ao “Club Puerta de Hierro” para construír unha balsa de auga reciclada coa que regar os seus campos de golf. 
“É absolutamente escandaloso que todos os madrileños teñan que sufragar este gasto a un Club que non admite socios desde fai 20 anos porque o seu carné é hereditario e que se nutre de membros da realeza, a aristocracia e de persoas cun altísimo poder adquisitivo", criticou a edil de EU.
Nova e foto recollida de El Plural.com. Ler máis.......
-----------------------------------------
Fervello: Manda carallo na Habana, os chicos dese Club queren reciclar a auga con cartiños dos “currantes”. Non sexamos malos. Coido que ese millón será para unha causa nobre, explícome: alí teremos xogadores novos con experiencia, existirá moita camaradería todo en plan amigable, faceren os contactos mentres vai e ven a boliña en oco en oco (e tiro por que me toca), falarán de como “foder” aos paisaniños nun posible tráfico de influencias para facer mil chalets dosados para os obreiros do metal, ou do que se tercie. Cemento e ladrillo a esgalla.
O marco é incomparable, herba a moreas, bar para os refrescos e infusións de te, unha balsa de auga reciclada, ocos a mangallo con bandeiriñas en cada un deles de Cataluña, País Vasco e Galicia sen faltar a da nación. Falaran de que teñen que “salvar España”, que eles son moi patriotas e por iso poñen o seu gran de area para salvala, facendo eses chalets de 100 millóns para os currantes. Outros, mentres xogan lles pedirán o enderezo do seu banco en Suíza, para facer patria.
Non esquezamos que como concelleira de Madrid a Sra.. de Aznar (Sra. Botella), algo tivo que ver nesta benéfica causa, coido que tamén ten que levar os méritos, a cada quen o seu. Como vedes, penso e sigo pensando que todo é por unha causa nobre e de beneficiencia. Estes Golf-os son como nenos, non teñen maldade ningunha. Todo sexa para “salvar España” das “bandas rojas”. Viva España e os Reis Católicos. Amén.






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario