Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

16/10/2007 GMT 1

Comando Cultural "Os Rabiscos"- Artigos, Curmán do Fervello. "Mamá, son Marianista"

sarampelo @ 16:47

Comando Cultural "Os Rabiscos"

 

Artigo por : Curmán do Fervello 

 

Mamá, son marianista.

Apontamentos biográficos para unha biografía política de don Mariano 
Rajoy co gallo da Festa Nacional de España. Adobados con comentarios 
transversais.

Sí, queridas e queridos lectores posibeis.
Debo confesar e confeso que son marianista. Estudei cos Reverendos 
Padres Misioneros del Sagrado Corazón de Jesús cando era pequeno, 
feliz e indocumentado, nesa orde, mais agora de vello convertinme nun 
apaisoado siareiro de Mariano Rajoy, que non lembro en qué colexio 
estudou porque estudar, sí que estudou Mariano.rajoytrotona.jpg

Vexoo, iso sí, ás portas do Instituto masculino Pontevedrés, entrando 
ou saindo, tanto ten, cando era director José Fernando Filgueira 
Valverde, o auténtico camaleón do Lerez. Mesmo Mariano puido seu un 
daqueles raparigos que sacou Filgueira das aulas, cada quen coa súa 
bandeirola española, a berrar por Pontevedra adiante a prol da 
instalación de Celulosa xusto no medio, medio, entre Estribela e 
Pontevedra. Unha pasada.

Pese a que Mariano foi toda a vida un chapón, que non un pelotas, 
houbo momentos na súa vida que estiveron adicados ao ocio.
A que dedicaba Mariano el tiempo libre?.

Despois de comer na casa familiar que, por certo, era a mesma 
Audiencia Provincial pontevedresa, edificio no que tamén vivía quen 
hoxe ostenta o cargo de Fiscal Xeneral do Reino de España, Cándido, xa 
saben, encamiñábase o noso Mariano até un café que ainda hoxe conserva 
todo o sabor. O Carabela. Establecemento no que os afeccionados ao 
naipe bailaban ases e picas sempre con cartos por diante, as 
agochadas, como sen querer, disimulando as apostas con mixtos e 
caralladas así; se a tarde estaba de cara, continuaban a alegre 
partida noutro local próximo até que as cinco ou cinco e media da 
tarde, cando os tendeiros pontevedreses estaban case completamente 
despexados, Mariano retornaba ao fogar para enfrascarse nos libros e 
conquistar a matrícula, como Teucro Pontevedra, ou como Telmo, un tipo 
07032032328rajoy3.jpgque ten longas mans.

Cecais estou a oferecer un relato capcioso e poidan tirar vostedes 
unha conclusión errónea, ou sexa, que Mariano era un crápula, pero o 
certo é que non se perdía un baile do Casino, seguramente xa entón 
dirixido por Fernández Arruty. Era todo un acontecemento social, o 
baile, non Arruti. Habia-os no Antroido, cando a Peregrina (disculpen, 
pra mín é Peregrina. Pelegrín será o Apóstolo) e mentres estivo 
facendo nús na Escola Naval de Marín don Juan Carlos de Borbón y 
Borbón. Era emocionante a exibición de carne femenina, con virgo 
incorporado, que facían os papás e as mamás da boa vila, chicas 
envoltas en tules, calzaditas con zapatitos de charol e pouco tacón.
Mariano non se perdía unha desas ?rapa das bestas? en versión cutre de 
corte monegasca.

E, como todo, os días pontevedreses cargados de ledicia remataron, e 
Mariano houbo de se instalar en Compostela para cursar os estudos de 
Dereito. Santiago de Compostela era, entón, antes de morrer Franco, e 
aos ollos dun pontevedrés, un noxo, un buraco oscuro con máis humidade 
ca unha batea guindada no medio da ría. As Semanas Santas eran de 
agárra-te e un domingo de outono metía máis medo ca un gris. Todos os 
días  plantexábase o mesmo dilema: tazas ou política, e Mariano pasaba 
de ambas. Él estaba a súa bola.desgastando_al_gobierno.jpg
O Casino de Santiago, supoño que de cabaleiros porque tiveron até ben 
pouco un cadro de Franco pendurado, era por aqueles días unha casa de 
xogos de bastante tronío e de ámbito supra-municipal, lugar de 
encontro e solaz para xogadores novos con experiencia e vellos 
prostáticos relambidos para a ocasión. Amigable camaradería, cubatas 
baratos, contactos e posiblemente tráfico ilegal de preservativos, 
tiñan cumprida cabida na cova.

E aí caeu Mariano. Para exercitar dedos e meninxes. Se a Fortuna bicou 
o seu lombo ou se instalou nos números vermellos, nada podemos aviar, 
pero sabemos que perdía e gañaba, ou viceversa, mentres fóra zurraba a 
pasma e chovía paseniñamente.

Total, que rematou a carreira e, antes de que Franco palmara, estaba 
metido no apartamento que a familia tiña en ?Sangenjo? preparando 
unhas opos a Rexistrador da Propiedade. Qué valor. Hai que valer para 
iso. E sacou-nas, estaría bon, e tras exercer un rato Mariano pegou un 
brinco e meteu-se en política, palabro que Pinini, conselleira que foi 
de algo nun governo Fraga, amiga de ben anos de Mariano, non escoitara 
nunca até entón.

Primeiro foi concelleiro en Pontevedra, despois presidente da 
Deputación e algo despois cargazo naquela sen par Xunta de Galicia de 
Xerardo Fernández Albor .

hilillos.jpgE, natural, colleu porta e liscou a Madrid tras manter todo tipo de 
desencontros con fulanos bragados en feiras e furanchos, cruzados 
investidos do Ser galaico, indíxenas sen mica de mácula no ADN. 
Imaxínense. Por aquelas calendas aínda o Partido Popular era Alianza 
Popular, e xa existían Esperanza Aguirre e Ramón Tamames, tempos 
aqueles, e convivían nesta terra nosa con Xosé Luis Barreiro, o felón, 
actualmente fino analista político do xornal ?La Voz de Galicia?.
Miren o que debeu sufrir Mariano con aquela tropa que houbo de impor a 
un famoso contrabandista de tabaco a medalla do partido, de ouro e 
brilantes, seguro, por toda unha vida adicada a Franco, a Manolo Fraga 
e ao Winston, o Guaris-Nais, o Camel e o Player´s Special.

De Madrid, non lles conto nada porque o espetáculo está fresco na retina.
Todo este rollo ven a conto para formular a pregunta que me trae a mal 
traer: Mariano, ten vocación política ou está aí por purita 
casualidade?.

O certo é que sempre pasou da política. As súas amizades eran como él, 
de dereitas, algúns de Fuerza Nueva, picos afiados nos cantos das 
mesas da discoteca ?Daniel?, pero él pasaba de todo. Tanto pasaba de 
todo que frecuentaba a discoteca de referencia pontevedresa cando era 
presidente da Deputación, e un día houbo redada; menos mal que o 
comisario trasmitíu este recado a Mariano, ?Que se abra cagando 
virutas por el bien de España?, e así foi, e España va bien que te 
cagas.

A un político que quere ser Presidente do Governo de España e V da 
Alemania, hai que supor-lle unha vocación que se manifestaría xa na 
máis tenra nenez, no berce mesmo, durante a xestación se me apuran. A 
Mariano non lle notaron nada, o que me leva a pensar que realmente 
este home non nos vale para Presidente.

Debe vivir, e ben que o sinto, noutro lugar distinto, e rodeado de 
cando en vez por amigotes de Pontevedra, algún deles tan simpático 
como para enviar días antes do ?Día de la Hispanidad? unha mensaxe 
desas que chaman SMS, creo, lembrando aos mornos e despistadas que 
España era a nosa nación. Como ven, toda unha heroicidade.
E por aí, Mariano, non paso.

Estas gracietas de ?Hay que salvar a España?, parécenme moi mal. Que 
teñas a glándula que produce o patriotismo algo excitada non obriga a 
ninguén a compartir fluxos, nen tampouco a administrarse o específico 
que regule a súa natural función. Igoal que o vicio ese que tes. Vale 
que xogues, pero se perdes, coño, non temos obriga de aturar o teu mal 
humor, Mariano.

Estás a tempo de iniciar unha nova vida retirándote do ruedo, con puro 
e todo. Mira a Aznar, a de pasta que fai o tipo. Pensa que un chollo 
como o de José Mari daríache para poñer ao roxo vivo todas as ruletas 
e todas as pastillas de xabrón de ?La Toja?.

Pensao. Ti sabes que realmente es un lacazán, que cando eras Ministro 
de Cultura non estudabas os dosieres que che pasaba Paco Millán e 
botabas horas mirando partidos de baloncesto. E lembras cándo eras 
Ministro de Administracións Públicas?. Querías facer unha reforma que 
che tumbou o Consello de Estado, asustado do grao de discrecionalidade 
que querías introducir na Función Pública, incomparable, e mira o que 
che digo, incomparablemente maior que o que se estilaba durante a 
ditadura de Primo de Rivera.

Evito afondar no manido temita dos ?hilillos? porque non tiveches 
culpa: foi a licencia poética dun alto cargo do CSIC, que meses 
despois foi chapodado con gañas polo Goberno, quen che levou a facer o 
ridículo en todos os fogares de España á hora de comer. Memorabel.
Sí, Mariano, ti non tes madeira para político.
Pégalle un xiro a túa vida. Mira a Xerardo Conde Roa, qué ía pensalo, 
tan do Opus e agora lanzado á voráxine. Hai vida máis aló de Xénova.



O Curmán do Fervello


---------------------------------------------------------------------------

Por Fervello:  O meu curmán ten moito sentido do humor, o artigo é especialisimo, a sorna que leva e moi parecida  aos comentarios incomparables  que nos contaba o noso avó(q.e.p.d.) cando íamos co gando a pastar polas terras de Galáns, ou cando nos levaba a cabalo polo outeiro  "A Goriña". Quizais navegando algunha que outra vez no racú de vela atravesando a ría. Xa choveo desde aquel entón.  Nonsi, Curmán.


Se premedes neste enderezo aparece un anaco de comentario  moi ben adobado do Sr. Rajoy, titulado: "Trotando por Pontevedra" . Cousas de Gays e outras herbas do campo.

Comentarios

Comentarios(5) »

  1. El relato de su adolescencia y juventud como señorito de casino recuerda al poema de Manuel María; ¿crees tú que siguió el "Manual de señorito" del poeta?

    Gustavo | 17-10-2007 - 09:39:13 GMT 1 #

  2. Non sei se seguería o manual do perfecto chico do PP de provincias, mais sendo o libro de Manuel Maruja, dame que non.

    Cuasi Curmán | 17-10-2007 - 11:15:56 GMT 1 #

  3. Da gusto ver unha familia tan ben avida, nos tempos que corren de afastamento e desestruturación nestas cousas, o Sr. Rajoy estaría encantado de tanto amor filial. Non teño dúbida.
    Teñen vostedes un aire, si... Un saúdo para os dous.

    Doutora Seymour | 18-10-2007 - 17:35:36 GMT 1 #

  4. Gustavo, pode ser que teña un ar do "Manuel de señorito", pero dest a que o lera o Sr, NO, temos un abismo.

    Carallo, agora aparece outro curmán, bueno, cuasi curmán, a familia vai aumentando, iso é moi bo.

    Doutora Seymour, Polo momento somos unha familia moi ben avida. Coido que o Sr. NO se soupera quenes somos non estaría moi encantado, non. Quizais lle pegaría ese xiro na súa vida política e
    voltaría a aquela emocionante exibición da carne feminina, co virgo incorporado naquel Casino de Pontevedra de nais, fillas e pais "pijos", esta vez en plan máis moderno, ou sexa co botellón e outras herbas.
    Un saúdiño

    Fervello | 18-10-2007 - 20:17:45 GMT 1 #

  5. Despois de ler este panexírico eu tamén son marianista de por vida. Mar i ano for president!!!

    O Raposo | 18-10-2007 - 22:48:21 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>