Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

12/10/2007 GMT 1

O patriotismo de postal

sarampelo @ 21:06

Comando Cultural “Os Rabiscos” 

 

 

Artigo de Teo Cardalda F.

 

 A bandeira e o patriotismo de postal 

 

 O outro día tiven o valor de ollar o vídeo do Sr. Rajoy, tiven unhas sensacións no corpo que aínda hoxe non teño palabras para describilas. Nembargantes, o primeiro que fixen foi velo para escoitalo, despois repetín a faena para observalo.

 

Fun sacando conclusións, ao final de todo tiven un corto circuíto na miña testa, onde os miolos comezaban a cruzarse como se foran raios e treboadas. Pareceume un discurso ao estilo espantallo-esperpentico, como se fora unha voz das cavernas. Nun intre pasou pola miña cabeza unha película do NODO, onde o Caudillo falaba en Nadal aos españois naqueles tempos da “longa noite de pedra”. Cando o observaba lle mirei para os ollos. Daba medo, era de espanto, canto máis o ollaba máis medo me daba.

 

Comento que o que di ese señor ten a súa gracia ( de coña mariñeira), me explico: o que non sei se fala de patriotas en representación daqueles navieiros españois que teñen as buques en países de bandeiras de conveniencia (Barbados, Islas Caimán). Os que no fan facturas nos despachos privados de profesións liberais. Algúns  cantantes  e artistas que todos coñecemos, residentes noutros países, a saber onde pagan os impostos e royaltis. Algúns deportistas que teñen a dobre nacionalidade (Andorra, Mónaco etc.) . Os que fixeron as grandes fortunas co cemento e o ladrillo poñendo os cartos en países sen control fiscal.

Os que defenden a súa "guita" en representación de intereses globalizados-bastardos falando mil pestes deste país no estranxeiro como o seu "xefe" o xenocida de Aznar", con un soldo de moito carallo. Estes son os patriotas do seu bolsillo, o seu patriotismo é dunha hipocresía que manda carallo na Havana,   penso que son os que o Sr. Rajoy defende.

 

 

Dos soldados que veñen doutros países, soamente defenden a “guita”, a eles lles importa un carallo a bandeira e máis a patria (patria que non é deles).

Non sigo máis, xa que non chegaría dabondo este post para falar dos “patriotas de postal”, hainos dabondo nesta "España nuestra.......mi querida España........."Canto me gustaba escoitar esta canción á malograda Cecilia. Bueno, sigamos co bendito roio.

 

Aquí Sr. Rajoy, os únicos patriotas deste país son os “currantes”, os de nómina, os que pagan para que Vd. teña o soldo de deputado. Eses son os únicos patriotas e lles importa un anaco de carallo toda esa parafernalia que dixo. O que lles interesa e chegar a fin de mes para pagar a hipoteca do piso, as listas de espera nos hospitais, e os problemas sociais que estamos a anos luz dos paises do noso entorno europeo.

Coido que esa é a bandeira que todos temos que poñer no mástil da realidade, todo o demais son monsergas. Faga Vd.  unha oposición construtiva en base a esta bandeira.

 

Rematando con isto, lle digo Sr. Rajoy, basta de apropiarse de cousas que nada teñen que ver co seu partido, se algún se sinte identificado con esas siñas sexa “rojo”, anarquista, comunista ou o que sexa, tamén os ten que respectar. O partido que Vd. representa non ten o patrimonio da identidade ou siñas da nación, soamente son aqueles españois: galegos , andaluces, cataláns, vascos etc os que teñen que dar a última palabra. Todo o demais son espantallos –esperpénticos.

Se hoxe vivira D. Ramón del Valle-Inclán, coido que o único esperpento que atoparía nas Españas sería o do Sr. Rajoy, e para máis carallo galego.

"Vídeo del día de la Hispanidad"

 


Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Nestas cousas da patria e das bandeiras, concordo coa opinión de que é todo uha monserga.

    Doutora Seymour | 14-10-2007 - 20:07:16 GMT 1 #

  2. Muy bien dicho. Yo remato el asunto, cuando me quedo sin argumentos, no por buenos, sino porque no hay más sordo que aquel que no quiere oír, con "Tordos y caracoles" del gran Serrat, que es exactamente lo que aquí has explicado. Como Cecilia, que era bastante rojuela: esa idea suya en las canciones: eso era patriotismo también, pero bien entendido: querer conocer todo y a todos de "esa España nuestra"; eso era patriotismo del bueno, y no el de estos.
    Pero el argumento supremo, para mí, el de Zeca: "Nin himnos nin bandeiras". Esas sacralizaciones son muy peligrosas. Las mantienen gente a las que le interesa fomentar diviosiones.

    Gustavo | 15-10-2007 - 09:42:55 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>