Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O gatillo fácil da garda pretoriana do César ( Bush )

sarampelo @ 13:29

O gatillo fácil de Blackwater 

Un informe do Congreso de EEUU denuncia a impunidade e violencia dos mercenarios  

OSCAR ABOU-KASSEM - MADRID - 02/10/2007 21:48 Xornal : Público.es

Os mercenarios de Blackwater protagonizaron 195 tiroteos en Iraq desde 2005, segundo un informe presentado no Congreso de Estados Unidos. A maioría dos incidentes produciuse cando os empregados da compañía dispararon desde os seus vehículos sen preocuparse despois polo estado no que quedaban os feridos. Neses incidentes, confirmouse a morte de 16 civís iraquís.

op015-blackwater-0414y-4.jpg







Blackwater pagou en dúas ocasións aos familiares das vítimas para que os sucesos non transcendesen. Na Noiteboa de 2006 un mercenario de Blackwater se emborrachó na Zona Verde de Bagdad e tivo unha discusión cun gardacostas do vicepresidente iraquí. O empregado da compañía de seguridade acabou asasinando ao escolta iraquí. O mercenario foi sacado rapidamente do país e aínda non foi acusado de ningún crime. 


Ler máis en : Público.es 

 

Ler máis en : Radio Cable.com









 

Sarampelo : Neste mundo mundial  de  rapiña,  neoliberalismo de tolemia, de fillos de puta ao mando das grandes transnacionais que intentan rematar con este planeta. Privatiza que algo queda. ¿Que agardabamos desta multinacional privada do asasinato?. Que ían a Irak de “hermanitas de la caridad” . Estes son uns asasinos a soldo que están ao servicio do gran César Imperial. Si, a garda pretoriana de Bush. Unha empresa privada montada á sombra do xenocida da Casa Blanca.Agora máis que nunca estase a demostrar que tanto Bush, Blair como noso “querido” Aznar, son uns xenocidas . Teñen que ser xulgados por crimes contra a humanidade. Como dicía estes días pasados o actor de cine Sean Penn, que todos estes tiñan que estar “na puta cadea”

Vídeo



Ultima hora do día 09-10-07: 

Estes mercenarios matan a dúas mulleres en Irak por no frenar.

Continua a sangria destes

sanguinarios ao servicio dos fillos de puta do goberno de EEUU.

Comentarios(5) »

  1. Sempre me gustou moito Sean Penn. É intelixente e non ten vergonza de que o saiban no seu país.
    Vostede tampouco ten vergonza, por iso me gusta pasar por aquí.
    Un saúdo.

    Doutora Seymour — 03-10-2007 - 18:55:23 GMT 1

  2. Gracias Doctora Saymour.Como xa pasei por aquela "longa noite de pedra",tempos non moi doados para os demócratas. Hoxe
    non me meten medo nin os retrógados e salvadores de patrias, ollo, nin os progresistas demócratas de postal.destes
    hainos abondo.

    Sarampelo — 03-10-2007 - 19:22:12 GMT 1

  3. Todo vale, tamén agora descubriuse que o ministro de xustiza autorizou as torturas. Hai que joderse...¿Iso é unha democaracia? Que llo prejunten ós de Guantánamo...

    Ninsesabe — 04-10-2007 - 21:12:01 GMT 1

  4. Pouco a pouco vamos descubrindo a verdadeira cara desa suposta democracia
    de EEUU.

    O Raposo — 06-10-2007 - 13:49:34 GMT 1

  5. Pouco a pouco vamos descubrindo a verdadeira cara desa suposta democracia
    de EEUU.

    O Raposo — 06-10-2007 - 13:49:36 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>