Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Inquisidor Maior do Reino, o Sr. Grande

sarampelo @ 15:39

XUÍZ GRANDE MARLASKA, INQUISIDOR MAIOR DO REINO 

 

 

Un artigo do xornalista Carlos Tena 

 

A interpretación que o xuíz Grande Marlaska acaba de facer respecto dunha manifestación convocada contra o primeiro concelleiro de Lizartza, que se ía 1151140638_extras_ladillos_1_1.jpga celebrar na citada localidade vasca, e cuxa alcaldía ocupa fraudulentamente unha militante do partido popular, en claro reto e afronta aos desexos dos habitantes da vila, maioritariamente abertzales, é de xeito evidente unha aberración xurídica da que unicamente é responsable o citado cidadán, cuxo argumento, para basear a prohibición (deixando en coiros aos xuíces do Tribunal de Orde Pública, de tan feliz recordo na memoria de moitos cidadáns como el) parece extraído dos vetos e censuras que o sempre vivo Francisco Franco impartiu en todo o territorio desde o éxito do seu asonada, aquela que se saldou co asasinato “legal” de mais dun millón de persoas.   a-xustiza-novo.jpgLer máis en: Insurgente.com........ 

 

 

 

Fervello: Non sei se os lembrades daquel Alcalde de Xerez o Sr. Pedro Pacheco cando dixo nunha ocasión que a xustiza en España era : “Un canchondeo”. Con iso xa no digo máis, cada quen que o interprete á súa maneira. Para min hoxe segue sendo un “cachondeo”, pero nun grado máis erguido, ou sexa  aquilo que dixera Albert Einstein: “ só dúas cousas son infinitas, o universo e a estupidez humana”. Este Sr Xuíz entra dentro deste dito do gran Einstein. Ou non. Coido que si.

Para o meu entender Carlos Tena desde os anos 70 sempre foi   un gran xornalista, un gran entendido sobre a música nacional e internacional, tanto nas cadeas de emisoras e na TVE. E coido que o segue sendo pola súa andaina neste eido e pricipalmente no político que non comulgou con pedras de muiño, e iso ten a súa importancia.

Xustiza, tes nome de tango
canchenge, canalla e arrabalero
alma de señorito, meretriz e ser vil
mais falsa que Judas e tan mercenaria,
pero maquillada e pendenciera
máis miope que cega,
búrlasche de quen che reclama
neste mundo miserable e cruel.
Gracias Sr.Marlaska pola súa contribución a xustiza do século XXI.

Ler máis en: Insurgente.com........ 

 

Un Comentario »

  1. Eu penso que non, que o xuiz que citas non é estúpido, nen moito menos: é fascista.

    Ninsesabe — 27-09-2007 - 17:23:35 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>