Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Cortegada, o que hai que dicir.

sarampelo @ 12:42

Comando Cultural “ Os Rabiscos” 

 

Por Gonzalo Bouza-Brey

 

Artigo tamén reproducido no Xornal “Diario de Arousa”

 

 

CORTEGADA, O QUE HAI QUE DICIR

     Estes días é nova xornalística a devolución ao pobo de Vilagarcía da illa de Cortegada, e non é para menos.  

 

Eu, por cantidade de circunstancias, teño algo que dicir en torno a elo. Nun periódico do sur de Galicia comentábase o sábado pasado que un tal Benito García Giménez, que eu nunca souben quen foi, presentara a demanda contra Don Juan de Borbón sobre a illa de alfonso-xiii-en-cortegada.JPGCortegada. 

 

Os que escribimos nos xornais non podemos falar de oídas, hai que documentarse. En primeiro lugar, a demanda sempre a presenta un procurador dos tribunais, e neste caso concreto, fun eu en representación de Fernando García Giménez baixo o asesoramento do letrado Benito García Dorgambide, por certo, e que quede claro, que a pesares da cuantía do pleito (case 1.500 millóns das antiguas pesetas):Ningún dos dous cobramos nada. Só tivemos a satisfacción de manter as mesmas posicións que os nosos devanceiros. 

 

                                                                                                      (Foto, Alfonso XIII en Cortegada)

Falando delo, eu teño que dicir que foi o meu avó, Luis Bouza Trillo, o único concelleiro daquela republicano en Vilagarcía, quen no ano 1914 se opuxo á donación da illa de Cortegada a El Rei. Bastantes anos máis tarde, no 1979, fun eu o único membro da Comisión Permanente do Concello, hoxe Comisión de Goberno, que se negou á aprobación do convenio de urbanización con Cortegada S.A. 

 

Hai moitas cousas que non se saben sobre todo o proceso de Cortegada. Non se preocupen, eu estou disposto a contalas. Agora, cando se di que o presidente Touriño fará o primeiro desembarco na illa, eu lembraríalles que no ano 1931, o día 25 de xullo, o primeiro alcalde republicano de Vilagarcía, Elpidio Villaverde, xunto con todo o pobo, tomou posesión de Cortegada e organizaron unha romaría que se mantivo durante todos os anos da II República. Logo, xa se sabe, pasou o que pasou.  illa-de-cortegada-e-carril-dende-o-peirao-de-pasaxeiros-28-09.JPG

 

Por certo, sexa de educación, boas maneiras e protocolo, que as fillas de Elpidio, Rosina e Mariví, foran convidadas ao acto, non só pola súa relación filial, senón pola súa exemplar loita democrática ao longo de toda a súa vida. 

 

Mais volvendo ao proceso de Cortegada, hai moitas cousas que explicar e que siguen caladas aínda que algún día quizás falaremos abondo delas. 

 

Nunca se falou da famosa cea de Estoril, nun restaurante a carón da Villa Giralda de Don Juan de Borbón, co alcalde José Recuna, Santiago Ferreira, Adolfo Pedrido e o seu comisario político do PSOE, Seso Giráldez, xunto cos concelleiros do Partido Comunista de Galicia Juan Vázquez e Moncho Patiño e o seu comisario político Willy Meyer.  

 

Do que alí se acordou moito haberíacasal-de-cortegada-ano-1900.JPG que falar. O certo é que días máis tarde aprobábase o convenio de urbanización da illa, e o Concello non compareceu diante do Xurado de Montes de Pontevedra no contencioso sobre a recuperación de catro hectáreas de monte comunal, propiedade dos veciños, na illa de Cortegada. 

 

 

                                                                              (Foto, Casal de Cortegada, 1900)

 

 

 

Pero hoxe non vou poñer máis, calo as xuntanzas de Pais Ferrín na sede do PSdeG-PSOE, e moitas outras cousas máis. Pero, se queren saber, pregunten, e eu contestareille de contado.

 

Gonzalo Bouza-Brey Villar

 

Comentarios(2) »

  1. De volta das vacación aquí estamos visitando os blogs amigos.
    Andiven repasando as novedades do verán (a desconexión miña foi total), e xa vexo que houbo actividade.
    No tocante ó poder da igrexa, as cousas estanche así, pouco podemos facer. Unicamente darnos de baixa no clube, cousa que eu xa fixen. Non valerá de moito, pero é un desafogo.

    Ninsesabebe — 05-09-2007 - 10:33:31 GMT 1

  2. greenhorse
    Referred By: 163378848
    Reza.Naghizadeh
    please reading to my weblog
    http://networkmarketing.mg-blog.com
    http://greenhorse.com/join_now.ghc?r=163378848

    greenhorse — 05-09-2007 - 20:28:35 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>