Imos a contar mentiras, tralalá, tralalá....
Imos a contar mentiras, tralalá, tralalá........
O Fervello: Remato de recibir este correo dun gran amigo e colaborador deste Blog Rogelio Díz desde México, un vídeo que hai que ter moito estómago para velo. Que forma de terxiversar a historia. ¿Como se pode permitir tanta mentira?. Levaron catro décadas mentido e agora seguen coa mesma ou peor.
A historia soamente parte dunha realidade e non ten volta de folla, Foi un golpe de estado fascista-militar contra unha democracia e un goberno lexitimamente constituido polos votos do pobo. Lle poden dar as voltas que queiran, poden falar as barbaridades que lles peten, pero esa é a única realidade. Están a comerlle o "coco" a persoas sen a máis mínima formación para interpretar eses argumentos que falan no video. Nembargantes, cando se dispón dunha mínima base de coñecemento para enxuiciar as razóns destos conversos e mixtificadores da verdade, coido que é positivo escoitar as súas "verdades" da súa propia boca en especial a ese "converso" de Pío Moa. Pero como dixen antes, hai que ter agallas e estómago para escoitalos.
Roxelio Díz: Estimados amigos todos: vos envio un correo electrónico que me mandou un excelente amigo, presidente dunha asociacion da memoria historica para que vexades como llas gastan algúns revisionistas que pululan por España, esta é a mostra de que nos queda moito contra que loitar, pero antes hai que coñecer ben as súas opinións para rebatelas. Sei que a moitos cóstavos traballo aguantar mais de oitenta minutos de mentiras e falacias, algúns ata quizais non poidades soportalo, posto que ver como llas gasta un converso ex-terrorista do GRAPO, xunto con Cesar Vidal e Ricardo da Cierva, que con Madariaga e Sanchez Albornos foron os cronistas do franquismo é moita graxa para tan pouca substancia, pero desgraciadamente é o que hai. considero que debedes de tomar algun frasco de medicamento contra a indigestion. Que vos sexa leve.
Un saúdo desde estas terras mexicanas con agarimo.
Rogelio Diz
Vídeo

Chúzao
del.icio.us





Mi delicado estómago ha impedido que vea el vídeo. Pero por otra parte, yo no entiendo a qué viene tanta Pío-Moña manía, particularmente cuando los datos que maneja en sus libros no pasan de ser rumores, incidentes aislados, visiones sesgadas... Como dijo un amigo mío que hoy estudia para ser sacerdote: "¡Los mineros de Asturias tenían razón en alzarse!"
Gustavo | 08-08-2007 - 14:34:50 GMT 1 #
Solo puiden ver o video 3 minutos. Non aguantei mais.
O Raposo | 10-08-2007 - 00:39:20 GMT 1 #