Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

03/08/2007 GMT 1

Un país, pero tamén un complemento vitalicio.

sarampelo @ 14:15

 Comando Cultural "Os Rabiscos"

 

 

Comentario do Curmán do Fervello

 

 

Un País, pero tamén un complemento vitalicio. 

Hai uns días, o Parlamento Galego aprobou unha reforma da Lei da Función Pública galega que contén unha disposición adicional, a número décimo sétima, en virtude da que os nosos cargos políticos que tendo a condición de funcionarios e foron directores xerais ou cargos aínda máis altos, directores-xerentes de órganos ou entidades públicas, ou postos na administración pública incluidos no ámbito de aplicación da Lei de incompatibilidades de altos cargos, haberán de percibir o complemento de destino correspondente ao posto que ocuparon mentres foron cargo político de libre designación. parlamento_peq.jpg

 

Maís ou menos esta é a redación enrevesada e revirada da disposición de marras, que traducida á linguaxe popular sería así, maís ou menos: todo funcionario que ocupara un cargo de libre designación desde 1981 até hoxe, durante dous anos seguidos ou tres con interrupcións, percibirá de por vida un complemento anual de 13.000 euros de vellón, ou, se tiña un complemento de 6.000 euros no seu antigo posto, recibirá 7.000 euros máis até completar a máxica cifra de 13.000 euros.En fin, unha bicoca.

 

Repasemos o panorama: os salarios en Galiza son cativos; a vida é cara, haina máis barata, pero é pior, pensan os noso políticos; os nosos políticos en xeral cobran que te cagas; o corporativismo dos políticos é un insulto á cidadanía, pois son o único colectivo que pode reunir-se e votar-se os salarios, os aumentos de salarios, os complementos a cobrar, as dietas, a kilometraxe, etc.

 

Ou sexa, que son arte e parte na xogada, a súa decisión favorece-lles en exclusiva, reservando para a cidadanía o triste papel de paganinis.Polo de agora, tan só un cargo político (ou será “carga”?), Encarna Otero Cepeda, directora xeral de algo na Consellería de Vivenda que dirixe o BNG, amosou públicamente o seu rexeitamento ante tamaño disparate publicando en “Vieiros” un artigo sobre o tema chamando, nen máis nen menos que a insubmisión económica, que debe ser algo así como que os cargos políticos que teñan dereito ao complemento en cuestión renuncien ao mesmo, non sabemos moi ben cómo. encarna_otero_cepeda.jpg

 

Encarna Otero é unha responsable política con altas responsabilidades, entre elas a de non sacar a lingua a pastar declarando-se insubmisa a algo que, pasados dous anos, vai-lle entrar directamente en nómina, queira ou non, porque así está decidido, igual que cada ano os salarios suben o que fixa o convenio e non o que quere un, e as veces nen o¡a suba do custo da vida.

 

Ela, despois de controlar os movementos da súa conta bancaria, pode entregar os cartos a Joselito Beiras, a ADEGA, á igrexa da Ciencioloxía (non confundir coa UPG) ou a Rigoberta Menchú. Pero non sería bonito porque, entón, ónde fica a insubmisión proclamada por Encarna?.

 

Así que neste trance, Encarna Otero non ten máis ca unha solución ou postura a tomar: a dimisión.Razóns para dimitir:

1.     Conxugar un verbo pouco frecuentado entre os políticos.

2.     Os seus “colegas” sociatas van-lle facer a vida imposible: que si animas a delinquir, Encarna, que estás pasada de rosca, Encarna, que nos deixas quedar moi mal diante dos votantes e ti quedas como unha santiña de peana, Encarna...

3.     Os seus compañeiros e compañeiras do BNG tamén están que trinan coa postura adoitada pola profesora en excedencia. Pensen que, por exemplo, un funcionario do grupo B da Adminsitración, elevado grazas ao dedo salvífico de Quim á categoría de cargo político, recebirá varios miles máis de euros ao ano pola jeroi (jeroi: cara, rostro), e iso é sagrado, e non llos vai foder a mona de Encarna, cago en todos os seus mortos, hostia ca pareu, e así.

 

Pois nada, Encarna, a dimitir, cariño. A ver se vas provocar unha crise no Governo de Progreso e saltan os equilibrios internos.Ai, Encarna. Ai. 

O Curmán do Fervello.

Santiago de Compostela- 03-08-2007

 

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>