Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

14/06/2007 GMT 1

Denegación da revisión a Puig Antich polo T.S.

sarampelo @ 22:24

Impúxose o á conservadora do Supremo

Dous ex xenerais impediron a revisión do proceso de Puig Antich
0000006718.jpg 

A Sala do Militar do Tribunal Supremo (TS) denegou aos familiares do anarquista catalán Salvador Puig Antich a autorización para interpor recurso de revisión da sentenza pola que o mozo foi condenado á morte e executado en 1974. A autorización solicitada pola familia denegouse, cos votos do presidente da Sala, antigo presidente da conservadora Asociación de Profesionais da Magistratura, e de dous ex xenerais auditores do Exército, que agora exercen neste Tribunal. 


Ler máis....... en ELPLURAL.COM 

Fervello:  A nova a podemos poñer no ano 1977, xa que en estes intres están a festexar o XXX aniversario das primeiras eleccións “democráticas” cun xefe do movemento franquista reciclado, unha esquerda PSOE con 118 deputados que estiveron de vacacións nos 40 anos de franquismo, un PCE a bicos a apertas coa monarquía, aceptando bandeiras que nada teñen que ver coa democracia e xustificando todo isto con un enxendro putrefacto chamado “eurocomunismo”.

Hoxe fai trinta anos tódolos asistentes no Congreso falaran de como loitaron tanto pola democracia e a “liberdade”. Estarán banqueiros, sindicalistas, directores de xornais, o rei a raíña, empresarios de “éxito” e os sindicalistas vestidos de amarelo. Non deixa de ser outra parafernalia do “atado e ven atado” desde fai trinta anos. Ollando a nova de hoxe (2007) do de Puig Antich, todo paréceme un sarcasmo e un esperpento sacado dunha obra de D. Ramón del Valle-Inclán. Máis claro non se pode ver: “atado e ven atado”. Teñen máis cara que un zapato vello. Esta é a longa man dos militares franquistas.

 

Comentarios

Comentarios(3) »

  1. Cuánta razón tiene Fervello. Se podría haber recordado -en vez de esa patochada que hizo la 6 el otro día y otras cadenas-, en vez de ensalzar tanto al Suárez (curiosamente al rey no esta vez), a las víctimas del franquismo. Aunque, claro, vemos que no es fácil, especialmente con un PP y una AVT que no hacen más que tocar los huevos llamando a muchos de ellos injustamente la mayoría terroristas al tiempo que reivindican la memoria de asesinos como Saenz de Inestrillas o Melitón Manzanas. Debemos recordar a Salvador, a los 5, a los obreros de Vitoria... ¿Sabes? Llevó el mes haciendo una historia a través de las canciones de la transición y recopilando fotos; pero el otro día me entró la desesperación al ver la cantidad de gente que murió a manos de la policía y/o de los ultras. En fin, perdona la extensión del comentario.

    Gustavo | 15-06-2007 - 09:37:28 GMT 1 #

  2. Que vergoña de país!, necesitamos revisar a nosa historia pero xa.

    E xa postos que se cumpla a lei de partidos e ilegalicen ó PP por non condenar a violencia (franquista)

    Fror de toxo | 15-06-2007 - 20:14:14 GMT 1 #

  3. Este país non che ten remedio. Dijo eu. ¿Ou si?

    Ninsesabe | 16-06-2007 - 13:16:51 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>