Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

p1000566-copia1.jpg

09/06/2007 GMT 1

Unha senteza que asinaría Franco

sarampelo @ 20:35

A que condena a Otegi
Unha sentenza que asinaría Franco
 

un artigo do xornalista Jesús Prieto en insurgente.org 

Dáse a circunstancia de que o 30 de xaneiro deste ano 2007, o alcalde de Arrigorriaga –localidade natal de Argala - e membro do Partido Nacionalista Vasco, don Alberto Ruiz de Azua, asegurou urbi et orbi que José Miguel Beñaran, asasinado o 21 de decembro de 1978 nunha operación de guerra sucia xunto ao seu domicilio do País Vasco continental, onde gozaba do estatuto de refuxiado político concedido pola República francesa, é “tan vítima do terrorismo" como o policía e o taxista que matou ETA nese municipio biscaíño. De feito, o partido de Josu Jon Imaz presentou unha moción propondo a celebración dunha homenaxe conxunta aos tres que foi aprobada polo pleno municipal cos votos a favor do PNV, de Eusko Alkartasuna e de Ezker Batua.

Ler o artigo completo.   

Fervello: Se non lera o artigo de Jesús Prieto, xamais entearíame deste desaguisado xudicial. O artigo e os datos o corroboran moi ben.De principio non comulgo nin comulgarei coas ideas de Otegui, xa que non son nacionalista máis ben internacionalista, que é unha das máximas do marxismo.

Esta pequena e sinxela opinión, nada ten que ver coa ideoloxía que practica o Otegui, senón coa súa detención, explícome: se o Argala naquel intre que o asasinaron era un loitador antifranquista, aínda non tiñamos a Constitución e nos rexíamos por leis franquistas, nun pleno municipal cos votos do PNV, Ausko Alcartasuna e Ezker Batua aproban unha homenaxe a Argala, para máis inri tiña estatuto de refuxiado político. Por esta regra polo que detiveron a Otegui tiña que estar detidos os do PNV e o resto dos partidos pola arnaldoteg.jpg“apoloxía”.

Isto non ten pés nin cabeza, quizais as formas na que se produzo a detención e o ingreso na cadea teña moito que ver coas urxencias propagandísticas de Zapatero e Rubalcava. O que acontece é como no medioevo, a consigna segue sendo “ Cuius regi eius religio “, o poder é quen ten a prerrogativa de nomear heroes ou antiheroes. Temos o exemplo máis sangrante da democracia o concederlle o Aznar a medalla ao mérito civil a título póstumo ao gran torturador franquista émulo de Mangele, Melitón Manzanas. Isto aconteceu no ano 2001 en aplicación á lei 32/1999.151_2403.jpg

Esta medalla supoñía “avalar a traxectoria dun torturador, ligado a unha dictadura inhumana e cruel, que perseguía, encadeaba e fusilaba a persoas inocentes, que defendían pacificamente a democracia e as liberdades e para máis carallo o Tribunal Supremo avalou a concesión da medalla.A “democracia” neste país estase deteriorando a marchas forzadas, ¿Quen vai crer na xustiza can do se aplica a golpe de impulsos políticos?. ¿Quen vai crer nestes políticos que nos toca vivir neste milenio neoliberal e cobizoso?.O máis triste que os “falsimedia” TV, Radio e Xornais non comenten nada disto e o pobo  traga ata rodas de muíño cos falsos-telediarios e tendenciosos.                             (Foto, Melitón Manzanas)

Todo o que está acontecendo é nin máis nin menos que un insulto á intelixencia dos españois.  

 

Comentarios

Comentarios(3) »

  1. No tema vasco non hai lóxica posible xa que aplicar. Chegamos ao punto no que todo é asumible se é "contra o entorno de ETA", un "entorno" que polo demais é ampliable na medida en que se estime convinte e sen demasiado apego á lóxica nin ao que deberían ser mesmo os parámetros legais da democracia burguesa.
    Un pracer lerche cando podo, porque teño que dicer que por algún motivo non me carga sempre ben o teu blogue, supoño que será cousa do meu PC, que anda medio raro. Pero iso sí, deixáchelo moi feitiño, da gusto velo, ;)

    un saúdo doutro internacionalista.

    moucho_branco | 10-06-2007 - 16:51:13 GMT 1 #

  2. Isto non ten xeito, pero tampouco vexo síntomas de que vaia cambiar.
    O PP xa sabemos como respira, e o PSOE deixase arrastrar.
    Así que estamos restaurando o delito de opinión...

    Ninsesabe | 12-06-2007 - 17:04:37 GMT 1 #

  3. O tema Vasco xa me ten un pouco máis que aburrido, uns porque é o único argumento
    que teñen para facer unha oposición irracional, os outros porque dende
    o seu fundamentalismo estúpido non son quen de condear a violencia e perseguir
    de xeito político os seus obxectivos respectanto a vontade do pobo Vasco.
    En canto ao PSOE preocúpame a súa deriva, sobre todo se a deixan en mans de Rubalcaba,e tome a mensaxe uniformadora e represiva do PP por medo a perder eleccións.
    Eu si son nacionalista, pero sempre dixen que era un "nacionalista universal", levo a patria
    nos meus zapatos. Pero penso que todo pobo ten dereito a ser nación e autoxestionarse
    se así o decide libremente. Hoxe por hoxe, o nacionalismo defensivo tamén é necesario
    para loitar contra a uniformización da globalización.
    Pero isto da para outro debate.
    Un saúdo Sarampelo.

    MacLapfer | 14-06-2007 - 15:55:45 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis