O surrealismo da democracia
Eleccións Municipais
O surrealismo da democracia
Lizarza é unha pequena poboación guipuscoana na que todo o mundo coñécese. O pasado domingo 27 de maio, das 504 persoas con dereito a voto, abstivéronse 154. Os votantes foron, pois, 350. Deses 350 cidadáns de Lizarza, 157 non quixeron introducir na urna a papeleta de ANV (ilegalizada nesa localidade), pero tampouco quixeron seguir o xogo electoral imposto polo PSOE, polo que decidiron votar en branco. Por outra banda, 186 persoas si apoiaron a ANV metendo na urna a papeleta da formación abertzale, que foi contabilizada como nula. Os 7 votos restantes foron para o Partido Popular. É dicir, as sete persoas que votaron ao PP, con só un 2% dos votos, acapararon a totalidade do concello, composto por sete concelleiros, un por cada votante do PP.

¿Pódese considerar democrático ao concello que se forme en Lizarza? Ler máis.....
Fervello: Coido que isto é o surrealismo da democracia no seu estado máis puro e todos os que se consideran demócratas ollean para outro lado, como o avestrúz.
Sempre entendin a democracia como algo moi distinto ao que aconteceu neste e en outros lugares do País Vasco. O pobo é que ten que depurar aos violentos dunha parte e de outra, iso se fai nas urnas, non nos xulgados nin con decretos dos gobernos. Non lembramos que nas primeiras elección democraticas de 1979, o mesmo pobo depurou ou mandounos á mínima expresión aos partidos franquistas, Falanxe, Fuerza Nueva, etc.
Non se pode deixar a un colectivo de 200.000 votantes sen o dereito constitucional de votar. Aínda que eu non estou dacordo con estes señores, nunha democracia o que temos é que convencer a eses douscentos mil votantes que todo pódese arranxar sen violencia, e para convencer fai falla persoas coa intelixencia suficiente e crer no que se está a facer, dicirlle ao pobo que non vai ser un camiño de rosas, temos o exemplo dos ingleses e Irlanda, puido máis a intelixencia que os bombardeos dialécticos dos que se aproveitan do terrorismo para facer política e dos agoreros; o que xamais pódese facer desde un punto de vista político é, quitalos da circulación porque a uns partidos maioritarios lles salga da entreperna e un xuíz execute ese mandato antidemocratico.
Políticamente é un erro, xa que canto máis os repriman máis contestación e aumento de votos. Ou sexa, accionan o efecto contrario, iso é así e sempre será, vai na condición humana.
A democracia é convencer, dialogar e para iso fai falla políticos de talla que sepan facer o futuro coñecendo moi ben o pasado intentado rematar coa violencia en Euskadi con intelixencia, non estar na ambiguedade, unha de cal e outra de area, iso vai polo partido no goberno. dos outros que están nunha posición numantina, se non tiveran a ETA quizais a inventaban.
Coido que todos xa estamos fartos da violencia que xenera ETA, por iso que a intelixencia ten que estar sempre presente para tratar de rematar dunha vez. Isto de Lizarza non axuda moito que digamos, tanto para un fin desa violencia como para a democracia. Neste caso perdemos un pouco os que nos consideramos demócratas.
A democracia non se impón, senón pola forza das ideas.

Chúzao
del.icio.us





O que tiñan que facer en Lizarza é dimitir tódolos concelleiros. Eso se
teñen algo de vergoña e dignidade.
O Raposo | 30-05-2007 - 10:02:52 GMT 1 #
Xa o di o PP, que joberne a lista máis votada...
andaime | 30-05-2007 - 21:48:40 GMT 1 #
Claro, ten razón andaime.
Todo legal.
Unha aberración.
Ninsesabe | 01-06-2007 - 21:40:54 GMT 1 #