Estamos que nos saímos. Galiza despega,voa e aterra, as veces de fociños, amosando máis alá da Nosa Terra toda a forza interior que antes, co PP, estaba durmida, apalancada, como se vivira aplastada baixo a bota de don Manuel.
Eis, antigas institucións otrora durmintes son hoxe máquinas funcionando a todo meter, por exemplo, a Real Academia Galega, revitalizada coa entrada de punteiros escritores, poetas e demáis,nomeadamente Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero, dous reises do naipe, un de copas (non lles digo quén) e outro de ouros (a descubrir).Como bos monarcas comarcalizados, cada un ten o seu couto e reina absolutamente, que é como deben reinar os reis, mais perigos albiscaban-se cando alguén tivo o idea sobervia de axuntar no mesmo foro dúas figuras cun ego tan desenvolvido que no caberían ambos ao mesmo tempo na praza de María Pita, unha patriota galega á altura de Ana de Arcade.
E, claro, todo o que tende a ser, é.O conto é que coa decisión de adicar o Día das Letras Galegas a María Mariño bateron o Rei de Copas e o Rei de Ouros, intermitentemente arrebatados, ollos fóra das cuncas, mans en alto, berros de taberna, xestos desprezativos, mentres numerios e supernumerarios da Real Academia Galega non sabía ben se asistían a unha ópera bufa, interpretada por dous republicanos, ou aquelo formaba parte dunha pactada forma de ser intelectual.
O público asistente, dito sexa de paso, non perdía apostilla, algúns tiñan as mans en carne viva de tanto frotar e frotar, mentres os máis sensatos tomaron a porta e foron botar un grolo ao Salto do Can, se é que segue aberta a taberna porque, se está candada, crean-me, foron a outra para apagar a pena, penita, pena.
Porqué rifaron o Rei de Copas e o Rei de Ouros?. O Rei de Copas defendía que María Mariño era real, quero dicer, que ela escribiu o que algúns malintencionados, mal encarados e mal todo, negaban a maior amoreando os méritos no Poeta doCaurel, sen que nengún teña visitado o arquivo do poeta que fica en Compostela para facer averiguacións científicas.
Pola contra, o Rei de Ouros negaba tal, negaba todo, negaba até a mesma existencia do universo mundo porque, aseguraba, que o Poeta do Caurel estaba, digamos, tras toda a produción poética de María Mariño, recriada nas altas terras de Lugo sen perder de todo o algazo poético.
Nesas estaban, debatendo entre irmáns, os deuses coroados do Olimpo galego cando a cousa pasou a maiores, ao típico “e ti máis”, e “ti non tes puta idea”, que fixo brincar na cadeira a máis dun e dunha que ledamente estaba nos brazos de Morfeo, outro patriota; a continuación, o presidente da RealAcademia Galega, un home con moito púlpito e acostumado a escoitar cousas máis graves cando confesaba beatas e vellas chochas, terciou como só saben facelo os xesuitas e asimilados pregando aos monarcas que baixaran o ton e que se pediran disculpas, que non custa nada, que todo ten amaño, que somos galegos e patatín-patatán.
O Rei de Copas, o mellor tradutor de Johnnie Walker ao galego, sempre deferente, dixo que sí, que pedía disculpas (son de balde, total qué máis da) pero, ai, o Rei de Ouros dixo que él non daba nada (todo o contrario, él apaña), que o dito, dito está, pero que como é un galego de Nazón aceitaba as indicacións do Presidente e retiraba toda a verborrea... se o Rei de Copas pedía non sei cántos perdóns por varias falcatruadas que lle tiña feito desde que os restos de Castelao chegaron a Galiza (non se perdan o video da movida en YuTube, ou como se chame o invento).
Total, nen paz, nen gloria, nen acougo, nen irmandade.O presidente tiraba-se da sotana, os deuses menores, sobrecollidos, agardaban en calquer momento a entrada de Zeus en plan frase de Fraga, “Que pasen los antidisturbios”, e a taberna O Salto do Can, ou a que fora, a reventar de deudos, familiares e becarios de Nazón.
Esta é unha das avantaxes da Autonomía, que enteras-te de todo, bon, de todo o que eles queren. Porque o que non se ten dito por incorreto é que tras a liorta e a rifa entre os Méndez e Alonso hai outros intereses. Cómo por exemplo?, preguntarán vostedes, que xa están en plan cotilla; pois como por exemplo os intereses económicos vencellados a editoriais determinadas. Non sei se prestaron atención, pero iso de que os inteletuais galegos con subvención teñan preparados sesudos estudos sobre a cousa cando teñen menos dun ano para preparar o traballo, a min cheira-me mal.
Non será que desde moito antes de que a Real Academia Galega decida o nome da persoa que vai receber a homenaxe nacional e popular do Día das Letras Galegas, algúns académicos teñen-no decidido, saben de qué vai o conto e van co ídem a unha editorial concreta, uns a unha e outros a outra, entendan-me?.
Non será que tras o rifi-rafe entre o Rei de Copas e o Rei de Ouros hai algo diso, tendo en conta que o Rei de Ouros este ano non pilla ou trinca?.Porqué, oh deuses celtas e celtíberos, o Cortello da Cultura Galega non beca a un familiar para investigar de vagariño as relacións entre académicos e académicas coas editoriais galegas subvencionadas?.
Levaba uns días sin pasar por aquí e vexo que traballaches a reo. Moi interesante o que contas hoxe pero eres malo malismo, porque quedamos, os que non estamos na pomada, sen saber cal é o rei de ouros e cal o de copas...Sobre todo este último, xa ves se son cotilla...Jejejejejejee
Rinme con janas, e iso, no mundo que corre, si que vale o seu peso en ouro.
O Curmán do Fervello é o demo. Como será o Fervello.
Que me gustan a min estas crónicas! A mágoa de todo isto é que entre Reis e Raíñas han rematar por esnaquizar o chisco de respecto que os galegos (minoria entre minorías) teñen pola súa cultura... Máis está ben saber, sempre.
Doutora Seymur, isto pasa nas mellores familias. Como coido que ti sabes, Entre o Ferrín e mailo Alonso sempre houbo unha "mala leche". O ego dos dous é tan forte que calquera día andan a tiros nun monte para quedar só un Rei de tódala baralla. Nesto Doutora o digo moi cordo, de tolo ren de ren.
Levaba uns días sin pasar por aquí e vexo que traballaches a reo. Moi interesante o que contas hoxe pero eres malo malismo, porque quedamos, os que non estamos na pomada, sen saber cal é o rei de ouros e cal o de copas...Sobre todo este último, xa ves se son cotilla...Jejejejejejee
Rinme con janas, e iso, no mundo que corre, si que vale o seu peso en ouro.
O Curmán do Fervello é o demo. Como será o Fervello.
Ninsesabe | 16-05-2007 - 17:22:30 GMT 1 #
Coido ninsesabe que, o rei de copas é Méndez Ferrín e o de ouros será Alonso Montero. Digo eu.
sarampelo | 16-05-2007 - 18:28:33 GMT 1 #
Que me gustan a min estas crónicas! A mágoa de todo isto é que entre Reis e Raíñas han rematar por esnaquizar o chisco de respecto que os galegos (minoria entre minorías) teñen pola súa cultura... Máis está ben saber, sempre.
Doutora Seymour | 16-05-2007 - 21:44:24 GMT 1 #
Doutora Seymur, isto pasa nas mellores familias. Como coido que ti sabes, Entre o Ferrín e mailo Alonso sempre houbo unha "mala leche". O ego dos dous é tan forte que calquera día andan a tiros nun monte para quedar só un Rei de tódala baralla. Nesto Doutora o digo moi cordo, de tolo ren de ren.
sarampelo | 16-05-2007 - 22:11:35 GMT 1 #