Prédica papal contra o condón
Benedicto XVI falou ante uns 35.000 mozos.
Os mozos católicos concorreron en masa este xoves en Sao Paulo a escoitar as férreas visións de Benedicto XVI sobre a vida contemporánea, e manifestaron o seu acordo coa prédica papal contra o uso do condón, o sexo prematrimonial e o aborto. Ler máis...20 minutos.es
Fervello: En primeiro lugar dicir que, o titular da nova coido que non concorda coa realidade, non tódolos mozos brasileiros estarán dacordo con esa manifestación do Papa. Nos tempos que vivimos en marcha alucinante nos progresos científicos e técnicos, que veña un Sr. da especie “homo sapiems”(todos o somos) e que comece a falar en clave medieval ao estilo Torquemada. Sempre están a viaxar aos paises máis pobres e de miseria, o que teñen que facer é ir aos paises avanzados no cultural e no progreso, coido que nestes é onde teñen que avanxelizar moita xente pois a maioría lles ten comido o coco satán. A eses paises que viaxan moito, as xentiñas xa están moi evanxelizadas dabondo. Digo eu. Non si....
Xamais comprendín esta cruzada contra o condón, nembargantes pode ter algunha que outra finalidade oculta. Quizais este trabucado na miña teoría que expoño agora:Cantos máis nenos nazan na miseria máis ignorancia existe, e a supervivencia da Igrexa e outras relixión reside nesa ignorancia extrema que serve para alimentar ese kiosko montado fai dous mil anos. Logo por outra banda, nesto do aborto, condóns e outras cousas relacionadas co sexo actúan cunha hipocrisía descomunal. O primeiro que tiñan que facer era poñer no lugar que lle corresponde ao “homo sapiens feminino”. Cando deixen de discriminar á muller, deixando ese rol tan machista de tempos xurásicos , logo podemos comezar a falar e quizais a comprender.
(Video con polémica á chegada do Papa a Brasil.)


Chúzao
del.icio.us




Isto dos baños de multitudes non é mostra de nada, lembro o día que Benedicto foi elexido Papa... unha morea de xente nova cantando e alabando entusiasta e entregada, un periodista achégase a un grupiño e pregunta se están de acordo con iso da abstinencia, si, por suposto que si... despois pregunta sobre o condón e a un rapaz escápaselle que el o ten usado, plas!!! un capón que lle cae dunha compañeira. Silencio. Despois máis cánticos, e tal...
Doutora Seymour | 11-05-2007 - 20:37:57 GMT 1 #
Penso moitas cousas e coido que ningunha para escribilas, terían censura sin ningunha dúbida. Estou dacordo en que canto máis miseria máis fácil e a manipulación. Non sobrevivirían doutro xeito, exemplos abundan no mal chamado primer mundo onde as iglesias, afortunadamente, cada día están máis valeiras pq a xente pensa e saca conclusións lóxicas e razoadas. Ademáis de que son man de obra gratis para todo tipo de cousas baseadas na fe. Non me extraña que se poñan tan nerviosos cando algunha xente intenta facer as cousas ben feitas e, por riba, de corazón e honradamente... temblalles o alzacuellos que da medo velos. A ver canto dura a parroquia de San Carlos Borromeo... canto se lamentarán de que non poidan utilizar métodos tan expeditivos como no pasado non tan lonxano.
nieve | 11-05-2007 - 20:50:24 GMT 1 #
pero yo dicomo? si gracias al condon no ahi vih cida es lo mejor por ahora para las personas el condon si todo el mundo lo aceptan si no estaria matando ,niños mujeres, hombres .Bueno yo digo que el condon es mejor que nada asi uno previene el vih cida bueno yo como buen chileno siempre lo apruebo y ahi organisaciones q tambien lo hacen.
anibal | 24-10-2007 - 21:09:58 GMT 1 #