Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

08/05/2007 GMT 1

É o que hai. Somos así. C. C. Os Rabiscos

sarampelo @ 21:50

Comando Cultural “Os Rabiscos” 

Opinión -Teo Cardalda 

É o que hai. Somos así 

Vai facer un ano que ao pé da praia do Preguntoiro a Delegada de Costas Sra. Cristina de Paz Curbera prometeu diante do Alcalde Sr. Gago, da presidenta das mariscadoras, o Patrón Maior e o que escribe, anteriormente Presidente da AAVV Vilaxoán, de que durante ese tempo ata agora fazaríase un proxecto de praia, votar a area e rematar por todas esa obra, que custou deus e axuda  a esa asociación durante dez anos o acadar praia-do-preguntoiro-agosto-6-2003.JPGpaseniño un anaco desa infraestructura. 

De seguro que pensaran vostedes que falo desde o resentimento, en especial llo digo á Sra. Delegada. Cecáis albiscan nestas verbas miñas o fracaso histórico de min, e tampouco. Son, crean-me, un supervivente en perpetúa sorpresa entre o nacional-popular e o libro vermello de Mao.  

( Foto, o anaco de praia no 2003.Segue hoxe igual) 

Tiña que ser, xa tardaba moito. O digo polo mes no que estamos a aínda non se albisca ningún movemento de area. Agora tiñamos unha ocasión de ouro para mudar a situación (antes de que nos colla o tren do verán). Máis hai que aquelar a xogada para que non fracasemos outravolta e van mil, como as primaveras, isto llo digo a quen corresponda. 

Fai un ano cheguei a crer nas avantaxes que ten dispor dun goberno “bi”, un goberno de progreso, pero cando escoitei á Sra.. Delegada dicíndome aquelas promesas, xamais cheguei a crer nelas, o falar cunha mestura de Marx e Neocon embutido nun traxe de liño inmaculado, cecáis tras papear o día anterior aletas de quenlla con navicol, é como se me estivera vendendo unha moto sen rodas. 

Ten un pase o de subvencionar aos artistas da corda, ás asociacións da corda, ás mocidades da corda , aos sindicatos da corda, empresarios da corda e mentres haxa cordel, a todo que veña na nasa e na rede, pero o de programar, deseñar, crear un proxecto para rematar esa praia do Preguntoiro despois de estar petando nas portas moitas primaveras, diso ren de ren. como-quedaria-a-praia-do-preguntoiro.jpg

Ten moita semellanza esta praia con aquel dito que di: “ Se monto un circo, comezan a crecer os ananos”.  Nembargantes non hai ananos, senón políticos de vocación de destino no universal, son verbas moi “bonitas”, si, “destino no universal”, aínda me retumban nos oídos desde antes que Juan Carlos puxera a coroa real. 

 ( Foto, Como quedaría a praia nun futuro)

 

Crean-me. Estou plenamente seguro de que imos ben, mais agora, no mundo revirado que nos toca vivir. Un goberno “bi” de progreso, uns futuros candidatos para o Concello que se enchen de falar sobre esa infraestructura de Vilaxoán ata quedar afónicos. Sería de chupi-guai que a Delegada de Costas Sra.. Cristina de Paz Curbera fixera un pequeno movemento de promesas a outros dez anos vista.

Non lle queda ren ao novo presidente da AA.VV "Vilaxoán " Ramiro González, o ter que lidiar co "destino no universal" sen ir á misa de doce e sen collelo confesado. A suxerencia que lle podo facer é que se deixe de caralladas e no tempo libre da noite vaia a rezar o rosario, que pida un milagre da conversión de "progresistas de postal "en area para a praia. Sería o primeiro milagre no noso pobo, mataríamos dous paxaros dun só tiro. Turístas a moreas polo do  milagre e polo baño na praia.

Non estaría nada mal poñer unha pancarta que rezara desta maneira: “Aquí estamos nós, os vosos súbditos. É o que hai. Somos así “.  

E nós a rezar, pedíndolle a Santa Rita que "ojalá que caiga café en la playa"ao ritmo de merengue de Juan Luís Guerra,  pero en serio. Que mágoa. 

Teo Cardalda F. 

 

Comentarios

Comentarios(4) »

  1. Precisa area?... que casualidade!

    Doutora Seymour | 09-05-2007 - 20:38:05 GMT 1 #

  2. Hola Teo, podes falar máis alta pero máis clariño coido que é imposible. A esto que acontece coa praia, penso que lle vai ben a frase que tes posta no teu perfil de Albert Einstein: "Só dúas cousas son infinitas: o universo e a estupidez humana, e do primero non estou tan seguro...". Neste caso atopomanos diante dun exemplo claro da infinita estupidez humana.

    Non entendín a que te refires cando dis "... cecáis albiscan nestas verbas miñas o fracaso histórico de min..." De qué estás a falar?

    nieve | 10-05-2007 - 18:29:16 GMT 1 #

  3. Por certo, en canto o que dis de: "De seguro que pensaran vostedes que falo desde o resentimento, en especial llo digo á Sra. Delegada. Cecáis albiscan nestas verbas miñas o fracaso histórico de min, e tampouco. Son, crean-me, un supervivente en perpetúa sorpresa entre o nacional-popular e o libro vermello de Mao"... Sabes que non é certo. Ti es dos que enchen os anos de vida e non a vida de ano... Ti si podes decilo pq sabes que é certo.

    nieve | 10-05-2007 - 20:43:33 GMT 1 #

  4. Nieve, sobre o que me preguntas da frase "o fracaso histórico de min" o digo desde o punto de vista como presidente da AA.VV de Vilaxoán, pero digo tamén, "e tampouco".
    podes ollar este enderezo: aí comprederás moitas cousas o de loitar tantos anos contra balos de formigón.

    http://aavvvilaxoan.nireblog.com/

    sarampelo | 10-05-2007 - 22:05:53 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>