Cuestionario de Proust

O Cuestionario de Proust
Imos aló con esta cousa do Proust, xa que que me invitou Mar e Lúa a facelo. Nembargantes xa llo contestei no seu blogue. Estas cousas non me "laiquean" moi ben pero non quero ser desagradecido ante esa petición.
Convido tamén a facelo a:
Premer en Ler Máis
• ¿O principal rasgo do meu carácter? •
Coido que un pouco tolo, pero cos anos vai un calmando. De cando en vez pónseme a vea a cento por hora ante as inxustizas.
• ¿A calidade que prefiro nun home?
A sinceridade e o humanismo.
• ¿A calidade que desexo nunha muller?
Intelixencia,sinceridade, saber escoitar.
• ¿O que máis aprecio nos meus amigos?
Que sexan como son , desa maneira os coñecín.
• ¿O meu principal defecto?
Teño unha morea deles. Ante unha mosca “cojonera” que me está a picar constantemente ao carón da orella salto como un tigre, isto sempre me trouxo problemas.
• ¿A miña ocupación preferida?
Escribir e plasmar nos folios o que penso e ler moito
• ¿O meu soño de dicha?
A distribución da riqueza no mundo máis equitativamente.
• ¿Cal sería a miña maior desgraza?
Perder aos meus seres queridos.
• ¿Que quixera ser?
Esta pregunta a contesto con aquilo de: “O que poido ser é non foi”
• ¿Onde desexaría vivir?
Na miña terra Galicia, se tivera que escoller outro sería a fascinante África.
• ¿A cor que prefiro?
Vermello
• ¿A flor que prefiro?
O caravel vermello
• ¿O paxaro que prefiro?
O moucho, por aquilo da noite.
• ¿Os meus autores preferidos en prosa?
G. Márquez, M.Vázquez Montalbán, José Saramago e dos galegos Suso de Toro.
• ¿Os meus poetas preferidos?
Pablo Neruda,García Lorca, Uxío Novoneyra, Manuel María, G.Bouza-Brey e por suposto a nosa Rosalía.
• ¿Os meus heroes de ficción?
Non o teño moi claro
• ¿As miñas heroínas de ficción?
O mesmo coa pregunta anterior.
• ¿Os meus compositores preferidos?
Verdi, Vivaldi, Strauss, Devorak, Raimon, Luís Llach, Aute, Alí Primera, Pablo Milanés.
• ¿Os meus pintores predilectos?
Os clasicos
• ¿Os meus heroes da vida real?
• Che Guevara, Gandhi,
¿As miñas heroínas históricas?
Tania a Guerrilleira que estivo co Che en Bolivia.
• ¿Os meus nomes favoritos?
Calquera me vai
• ¿Que detesto máis que nada?
A tortura en tódalas formas, en especial cando se fai por membros policiais nunha democracia e pagados cos meus impostos.
• ¿Que caracteres históricos desprezo máis?
O fascismo do século XX e o de agora en nome das democracias.
• ¿Que feito militar admiro máis?
Dos militares ningún
• ¿Que reforma admiro máis?
A Constitución da II República, era unha das máis avanzadas do mundo. Veo Franco e a “fodeu”
• ¿Que dons naturais quixeras ter?
O don de poder resolver a fame no mundo nun minuto.
• ¿Como me gustaría morrer?
Sen sufremento e non facer sufrir aos demais.
• ¿Estado presente do meu espírito?
Non creo nos espíritos .
•¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
A xustificación da violencia para unha causa moi xusta.
¿O meu lema?
Vou poñer o mesmo que ti mar e lúa, xa que é un lema que me gusta moito, “vive e deixa vivir”


Chúzao
del.icio.us




Gracias por facer ese esforzo, sarampelo :) Sobre todo se non che gustan estas cousas, que non o sabía
Lembrareino para a próxima vez.
Unha aperta!
Mar e Lúa | 04-05-2007 - 23:40:56 GMT 1 #
Por supuesto, estoy dispuesto a hacerlo y a publicarlo en mi bitácora. ¡Nieve! Anímate y hazlo tú también.
Un abrazo.
Gustavo | 05-05-2007 - 15:14:42 GMT 1 #
Imos aló, vamos a facer este test. Gracias Teo pola invitación
nieve | 05-05-2007 - 23:52:37 GMT 1 #
Vexo que se extendeu o test. E vexo que coincidimos nalgunhas cousas, entre outras na nosa admiración polo Che.
Ninsesabe | 07-05-2007 - 10:42:22 GMT 1 #
Ten unha ocupación preferida moi interesante, é terapeutica... E calma, ante todo moita calma, para estar tolo de verdade aínda ten que porfiar un chisco máis, continue así.
Doutora Seymour | 09-05-2007 - 20:30:31 GMT 1 #