Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Homenaxe a Zeca Afonso

sarampelo @ 00:18

 

zeca.jpgHomenaxe a Zeca Afonso 

 O día 13 de abril de 2007 a TVG e RTP gravaron no Pazo da Cultura de Pontevedra a gala-homenaxe a Xosé Afonso . Foi emitida pola TVG o día 25 de abril.Por alí pasaron Cantadores do Redondo, Victorino, Luís Pastor, Faltriqueira, Xico de Cariño, Treixadura, Victor Coyote, Joao Afonso, Dulce Pontes, Julio Pereira, Zeca Madeiros, Miro Casabella, Tito París ,Antón Reixa, Uxía Senlle, Janita Salomé, Sergio Godinho, Narf, Jon Luz, Manecas Costa, baixo a dirección musical de Paulo Borges.O programa foi presentado por Carlos Blanco.

Por alí andábamos unha morea de “carrozas”, uns algo calvos e outros cunhas canas como a cor da prata, compañeiros daquelas  fermosas datas. Entre moitos deles  a   Benedicto, Xoán Guitián, Vilas………. 

Non quixera deixar aquí este anaco de introito sen darlle o agradecemento máis sincero ao Zeca, que coido nos escoitarás no alén, polas  súas palabras que nos deixou naqueles días:

“Aproveito esta oportunidade para unha vez máis afirma-la minha grande amizade pola terra e o pobo galego, cos que ao longo dos anos mantíven as mellores relacións, e para manifestar tamén a miña enteira solidariedade coa loita polo recoñecemento efectivo da lingua e cultura galegas como unha das máis ricas da península….. Galicia é para min tamén unha especie de patria espiritual…” (Zeca Afonso)

Non deixedes de ollar tamén un Blog moi importante,"La Zamarra de Gustavo" que da unhas referencias sobre Xosé Afonso e daquelas datas dos anos 70 moi importantes e interesantes, sendo un gran estudioso do tema o administrador deste blog que se chama Gustavo.

Outro blog moi interesante sobre Zeca Afonso é "O que lle falta o tempo".

Comentario de Benedicto García no seu Blog "Chiscando un Ollo"

Outra ligazón moi interesante onde podedes ollar tódolos vídeos dos interpretes da Gala-Homenaxe A Zeca Afonso, o Blog é: "Calidonia"

 

Vídeo – I -

 

Vídeo - II -

Vídeo - III -

Comentarios(3) »

  1. Envexa foi o que sentín eu ó ver a toda aquela xente sentada no patio de butacas... unha gala fermosísima sen dúbida.

    Alfredinho — 28-04-2007 - 12:33:12 GMT 1

  2. Muy bueno. Me muero por verlo. Y muchas gracias por la referencia: creo que es bueno recordar las cosas malas y las buenas: las malas para que no se repitan, y las buenas para que se vuelvan a producir. Un abrazo.

    Gustavo — 28-04-2007 - 14:41:30 GMT 1

  3. Por non vela televisión perdinme eso.
    Moi bo, moi bo.

    Ninsesabe — 01-05-2007 - 10:43:50 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>