Bruce Springsteen cantando na rúa, 1988
Bruce Springsteen cantando na rúa a pelo en Copenhague o 23 de xullo de 1988
Este é un vídeo de Bruce Springsteen gravado por unha moza dinamarquesa cantando cun músico da rúa, seica que Bruce ía dando un paseo e atopouse nunha rúa ao músico e comentoulle se tiña unha guitarra, deixoulle unha e puxéronse a cantar entre os dous o clásico The River con un público improvisado. Claro, foi no ano 1988, xa van aló preto de 20 anos. ¿Faría o mesmo hoxendía?. Nembargantes o vídeo é unha gozada.






Chúzao
del.icio.us
Pois sí que é unha gozada, disfrutei moito del.
Supoño que estas cousas pasan se amas de verdade o que fas, non sei se agora Bruce seguirá disfrutando tanto coa música, se é así, que envexa me da.
Fror de toxo — 26-04-2007 - 20:09:30 GMT 1
Bos días Teo, o vídeo é estupendo... É penso que si o faría... Son os menos os que cambian co paso do tempo, ti xa me entendes.
nieve — 27-04-2007 - 11:46:52 GMT 1
Este Bruce é un hippie!!, :P
moucho_branco — 27-04-2007 - 12:20:23 GMT 1
Se mon o agobiaran tanto os fans creo que si que o seguería a facer, temos que ter en conta que no 88 Bruce xa era unha estrela.
Pero é que o Boss éche moito.
MacLapfer — 27-04-2007 - 16:42:37 GMT 1