Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

p1000566-copia1.jpg

24/04/2007 GMT 1

Camarada Ponte-C. C. Os Rabiscos

sarampelo @ 13:42

Comando Cultural “Os Rabiscos”

Escrito lido por Xesús Redondo Abuín no sesenta aniversario do asasinato do guerrilleiro galego Ponte

 CAMARADA PONTE 

Cando ti caíches aquí en Fontao aquel día, en combate abrumadoramente desigual, aquel día de crespón e de cera para todos os descalzos de todos os sitios, outro guerrilleiro galego poeta dedicouche 35 versos coma 35 salvas de fusil; oito deles velos aquí: 

Heroes do val e do monte proseguen seu nobre afán:

pontepedreira.jpg¡e ti, camarada Ponte, segues sendo o capitán!
As auras van a xogarsobre a túa tumba con flores..!

¡Nai do heroe, non chores, non se vaia a espertar... 

Versos cos que eu comungo a pés xuntiños: eu non veño a chorar a un morto, señoras e señores, veño a chamarlle cabrón a quen o matou; a quen o matou e a quen ordenou que o matasen, que os matasen, mellor dito; que non foi un, que foron tres os asasinatos que as bestas perpetraron contra todos nós aquí en Fontao aquel día; tres asasinatos con todas as agravantes: ¡mágoa de lóstrego que os tronzase antes! Ías visitar a un compañeiro enfermo, así de humano eras ti; delatoute un canalla, e 500 incivís gardas civís tomaron Fontao, arrodeáronte, cortáronche todas as retiradas, e esgrimiron ata morteiros contra ti; ¡pois víronse de charón para poder contigo! Era unha presa cobizada o xefe da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia, era unha peza moi cobizada; pero ardua de cobrar, moi ardua de cobrar; e defender defendeuse ata cos dentes e ata a última gota de sangue.

Manuel Ponte Pedreira era sumamente rexo, rexo de corpo e rexo de ideas: corpo a corpo, non había no Corpo incivil garda civil que se atrevese a plantarlle cara. Para poder con el 500 fixeron falta. E morreu coma quen era: coma un auténtico home de veras. Para honra de todos os descalzos da terra. Obviamente. Pero eu queríao vivo. Como vivos quería el a Luís Blanco e Diego Valero, aforcados o 3 de setembro de 1946 en Pontevedra; e a Manuel Álvarez e a Julio Nieto e a Ramón Vivero, asasinados en Lugo o 20 e o 21 do mesmo ano e do mesmo mes. Asasinados os cinco polo feito de querer ser libres e por impedir que toneladas e toneladas de Wolfram foran aguzarlle os dentes ó aceiro nazi de guerra. Eses foron os benditos delitos que deliberadamente cometeron os cinco.seoane.jpg

 Eran cinco antifascistas galegos coma cinco carballos cernados do país ¡Pois nin por esas! Foron pasto das caramechas ás claras da vida, que ata os carballos cernados esgazan a forza de machadazos, polo visto. Eu ben sei que o cortés non quita o Abuín. Como ben sei que ben sabías ti, camarada Ponte, que o Ponte non quitaba a cortesía. De feito, ti na vida empuñaches o fusil ata que o fusil non te puxo a ti no punto de mira. Tí antes o que empuñabas era os apeiros cos que lle arrincabas á terra das tripas o sustento de cada día. O teu e o da túa familia. Pero é que hai veces que non hai cortesía posible. Ninguén ma pida hoxe a min. E volvo á carga: non veño a choralo, veño a darlle as grazas, e a chamarlle canallas a quen o matou e a quen mandou que o matasen: á Casa de Alba, á Banca March, ó Conde dos Pantanos e a cantos sufragaron o golpe de Estado contra a clamorosa e auroral vitoria electoral do Frente Popular: a diferenza  a favor do Frente Popular foi de 53 deputados, gañados pobo a pobo, voto a voto, palabra a palabra: ¡mágoa de lóstrego que os tronzase a todos eles antes! Corren tempos golfos para os descalzos, camarada Ponte, polos campanarios da política.

Boa falta nos fariades vivos agora ti, Gayoso, Seoane, Vilaboy, Pancho, Nieto, Bello, Foucellas e cantos correndo todos os perigos polos montes de Galicia escribistes de puño e letra: antes mortos que vendidos. Se correrán tempos golfos para os descalzos de un a outro confín polos campanarios da política, que estoutro día o ex comunista Sartorius afirmaba en Santiago o seguinte: os sindicatos de clase teñen que ser valentes e atreverse a dicirlle ós traballadores que o Paraíso non é posible (sic).

Así mesmo dixo. Cando para dicir iso o que se precisa non é valentía, senón cinismo. O que si require valentía é atreverse a dicirlle ós que si teñen aquí cadanseu Paraíso que co que eles gastan en extravagancias, comería san e suficiente todo María Santísima. Que comerán algún día. Que queiran que non os depredadores de plusvalía. ¡Ai o día que os 1.400 millóns que sobreviven con menos dun euro ó día decidan comer san e suficiente tres veces ó día todos os días! Ese día non haberá muros que llo impidan. E eu serei dos que lles indique cales son e onde están as despensas mellor abastecidas de por aquí. Aínda a risco de que os insaciables samesugas de valor engadido volvan pegarme outro tiro.  

catoira-guerrilleirosquicofillla-de-pontecamilo-de-diosmuller-de-seoane.JPG

( De esquerda adereita: Francisco Martínez López (Kiko), A filla de Ponte, Camilo de Dios. a dona de Seoane e Manuel Zapico Terente “ El Asturiano”. Xornadas sobre a Guerrilla en Catoira no ano 2002) - Foto: Teo.

Santiago de Compostela, 23-04-2007.                     Xesús Redondo Abuín  

 

(A Quenlla: Canción, A Caída de Manuel Ponte)

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis