Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

mananceiro.jpg

18/04/2007 GMT 1

John Balan e Joseph

sarampelo @ 21:13

 

Case tres millóns de internautas xa viron o vídeo.
Chámase Joseph, ten 21 anos e causa furor.

" naceu unha nova estrela no ciberespacio: case 3 millóns de internautas de todo o mundo xa viron en youtube o vídeo de 'Joseph, a caixa de ritmos humana', que participou este mes na versión francesa de 'Operación Triunfo', chamada Nouvelle Star 2007 "  Ler máis...20minutos

 

---------------------------------------------------------------------------------------------

 

Distintas épocas e distintos espectadores  

Remato de escoitar a Joseph e coido que non lle chega ni á altura dos tacóns ao noso “xenuíno” e enxebre John Balan (Manuel Outeda), o que foi o home orquesta de Seixo (Marín), seguro que nos 45 anos que levou no espectáculo non chegou a esa cifra de espectadores, pero a vida é moi “cabrona”. É galego, dunha aldea a desgracia foi que non nacera en  Londres ou París. Se hoxendía eses mesmos espectadores (do xurado xa non falo, pois teñen o oido musical no nariz) escoitaran a John Balan, o Joseph non chegaría nin á primeira ronda. 

Vídeo de Joseph 

 


Vídeo de John Balan


Comentarios

Comentarios(2) »

  1. O se humano nuuuuunca deixa de sorprenderme...
    Isto non llo perdonarei na vida, aquí me ten tentando ser trompeta e violino ao mesmo tempo,(víase tan sinxelo!)e non son quen. Frustrante.

    Doutora Seymour | 19-04-2007 - 19:50:57 GMT 1 #

  2. Sonche cousas do internés...
    Ese homiño do Seixo penso eu que o vin fai moito tempo na televisión.

    Ninsesabe | 21-04-2007 - 09:08:03 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis