Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

17/04/2007 GMT 1

O Ladrillo no Laberinto-C.C. Os Rabiscos

sarampelo @ 13:27

 

Comando Cultural “Os Rabiscos”
Comentario de : "O Curmán do fervello"
activistas-de-greenpeace-ocupa-3.jpg 
 

O ladrillo no laberinto.

Chegan as elecións municipais e nós con estes pelos, miña madriña, meu lar (que podería ser traducido para visitantes mesetarios como “Mi madrina, mi chalet”).O certo é que estamos afeitos a todo o que veña

de enrriba, o todo o que caia desde as alturas do Poder e dos governantes, tanto nosos coma alleos ou de fóra.

Hoxe toca ocupar-nos dos nosos, non porque sexan máis divertidos ou máis carotas, senón porque son nosos, e iso é o principal, como nos ten indicado o compañeiro Suso de Toro, noso entre os nosos, porén él fora patrono da Biblioteca Nacional de ¡España! ou escreba en El País, prensa allea e colonialista, se seguimos a argumentación de Suso en El País do domingo pasado. Bon, mais Suso é así; tamén pedia cartos para reunións de escritores ao Conselleiro e Xefe Rexional do Movemento, camarada Pérez Varela, e ninguén chistaba, cervexa e Martini a cachón na Costa da Morte.manoel-soto122006.gif

Pero non saiamos do rego nacional sen estatuto.Hai listas eletorais que merecen toda a atención do mundo, cecais non o voto, pero atención, toda ou tuda. Por exemplo: en Sanxenxo, hai un tipo que era sociata antes e agora vai por libre, que montou unha lista para as municipais que dará que falar. Chama-se o chollo VIPS, ou sexa, Veciños Independentes por Sanxenxo (cecais Sangenjo, non o teño claro). A qué mola?. Un pode ser paleto de Nazón ou estatutario, pero paleto a machada, iso sí que é grave, e o colega promotor do VIPS e-o,

a machada brava. Veremos a ver qué falcatruadas fai xunto con outrosnos escasos terreos que quedan por enladrillar nos arredores.

E xa que falamos de Sanxenxo, en Pontevedra hai un emigrante non retornado que se apresenta como candidato a alcalde da vila que da de beber a quen pasa. Falamos, xa o saben, de Telmo, non o do lume, que va, de Telmo, ex-alcalde de Sanxenxo, que alicatou até os piñeiros e alcolitos. O lema de Telmo, que se apresenta polo PP, é de antoloxía: “Centrados en ti”, comeza. E continúa, digo eu, centrados en ti, en tu puta madre, no teu solar, na túa carteira... Telmo é moito, case tanto como Moncho, aquel alcalde de Sada, Moncho es mucho, qué tío, o que darían por un lema así os creativos de varias multinacionais instaladas en Irlanda.

telmo.jpg

Tampouco é que o lema do actual alcalde de Pontevedra sexa como para tirar-se ao río, que continúa dando noxo pese ao baño do colega Lores:

“Mil ideas máis”. Un chisquiño de humildade non lle viña mal ao médico upegallo metido a político municipal: Mil, nen máis nen menos, Mil. Se ben é certo que a súa xestión mudou completamente a faciana de Pontevedra e que non asiste á procesión da Peregrina (sinto-o, pero en

Pontevedra a virxe esa é Peregrina, nada de Pelengrina, que parece unha marca de manises), o bo e xeneroso de Lores debía ser máis comprensivo cos habitantes do rural e deixar de facer tantas obras no mesmo centro da vila, que aí che viven os ricachóns, e se peonalizamos as rúas (¡bravo!), home, Lores, non me enchas as mesmas de terrazas-boa parte delas con máis mesas e cadeiras das permitidas-porque iso é como privatizar en beneficio dos negocios de hostelería os lugares públicos, e, se a maiores, quitas as bancadas públicas e as substitues por cadeiras de pago bariles, tío, Lores, penso que che pasas un rego. É o malo que teñen estes nacionatas, que cando ven algo público (Astano), van e queren privatizalo en beneficio da Nazón, nazón que comeza por Barreras.miguel_a_fernandez_lores.jpg

Pero, teño que confesalo, a min o que me pon é o Partido Galeguista, co camarada aquel de Vigo, que fora alcalde olívico, cómo se chamaba, sí, Soto, que en galego sería Souto, é igual, non ten asumida aconsigna de Bieito Lobeira, como tampouco Antonio Losada, qué lle imos facer. Os do Partido Galeguista e os do Partido Nacionalista Galego son, cómo lles diría eu, son como cachivaches amoreados no alpendre que de cando en vez hai que sacar ao clareo. Son enternecedores, con vocación de chave, dispostos a governar con tirios e cos 300 troianos da peli, honrados, oiga, honrados a carta cabal e comprometidos co País. Con eses non hai bromas. Xente seria.Para xente seria, pero seria, seria, aí están os de Terra Galega, que teñen un cartaz anunciador que moita xente, toda colonizada, confunde con “Tenreira Galega”. E non van descamiñadas esas mentes comestas polo auto-odio. Terra Galega ven coa intención declarada de trocear todo o tecido social galego para construir mamotretos en forma de edificios. Como o Partido Galeguista, Terra Galega ten vocación de chave e governarían co mesmo demo se o demo tivera candidaturas propias e non contaminara a todas, como quería o bo e xeneroso estudoso da saudade, Ramón Piñeiro, paz estea por moitos séculos, amén.É sabido que as mafias italianas e rusas están gratamente instaladas na Costa do Sol e por aí, pero nós temos a nosa propia e xenuina mafia nosa que agora adoita o carimbo de Terra Galega. moncho.gif

Estean ao loro, que quere dicer que escoiten a radio, e verán, verán,esa xente vai dar moito traballo á Garda Civil.E xa para rematar, ai, non sei se decilo, quero decir-lles que quero votar a un grupo político que se apresenta por unha parroquia pontevedresa na que é moi querido o camarada Lores.Estou a referir-me a Iniciativa Ciudadana Os Praceres. Quén pode resistir-se a tal?. Os Praceres!!. O paraiso na terra, na Terra Nosa, e non ese paraiso que anda co chamuscado choromicón de Torres Queiruga, un paraiso de futuro, que se

diría agora. E, saben, alí en Praceres hai un colexio privado de monxas, adicado ao ensino de raparigas da clase ben pontevedresa: Colexio Femenino Os Praceres. Se tivera unha filla, de seguro que alí non ía. Os Praceres!. Quita, quita.

O Curmán do Fervello. Santiago, 17-04-2007

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>