Un "Gol Republicán" pola escadra en 2003

España, fora recibida co himno da RepúblicaNaquela Copa Davis de Melbourne (Australia) no ano 2003
( Foto. Angulo nas gradas "indignadisimo)
Non fora un “set “, fora un gol que lle meteron ao PP cando estaba no goberno. En plena cerimonia inaugural, con medio mundo pendente de Melbourne, onde se celebra a final da Copa Davis entre Australia e España, e ante a sorpresa e o estupor dos presentes, a organización australiana do evento fixo soar o himno de Riego, o himno oficial da República.
Por desgracia, os xogadores españois quedáronse pasmados e fixeron un plante ata que a organización australiana púxolles a marcha real, é dicir, a versión oficial do himno español, que o é desde o golpe franquista, o cal suprimiu o himno oficial do réxime republicano e repuxo a vella, sosa e militarista versión monárquica.
O comentarista de TVE, mostrando unha ignorancia supina (pois o himno de rego é tan español como a marcha real), dicía descoñecer que himno era ese e mostrábase indignadísimos e aseguraba que o erro era imperdoable, equivalente a que os organizadores puxéronlles o himno inglés aos australianos na celebración da final de Copa Davis, celebrada no Sant Jordi no ano 2000. Andrés Gimeno (tan extraordinaria tenista como mal comentarista), dicía timidamente que se trataba dun himno 'dos anos trinta', sen atreverse a recoñecer en ningún momento que se trataba do himno oficial republicano.
¿Casualidade ou se trataba dalgún fillo de exiliado republicano emboscado entre os organizadores? En fin, unha anécdota, pero da que foi testemuña media mundo e que a recado serviría de regocixo aos republicanos e de escarnio á intocable monarquía.O Comentarista da CNN en España falaba dun himno do absolutismo e de falta de liberdades. Estaba indignadisimo aquel delegado de deportes do PP Juan A. Gómez Ángulo.
Os xogadores de tenis polo que vexo no vídeo e polas súas declaracións, seguro que non eran republicáns, logo ves os das gradas coas bandeiras como tolos, estarían xa daquela votándolle a culpa a Zapatero. Ir a Australia a ver os partidos de tenis non é moco de pavo, aínda que para min parecíanme xente do curro dos de nómina.
Quero dicir con todo isto que aquel día escaralleime de rir, coido que estiven todo o día a rindo. Aínda me da risa o ver o vídeo hoxendía. Que Gooooool lles meteron, foi pola escadra.
Os republicáns témoslle que levantar nun día non moi lonxano unha estatua a James Morrison

Chúzao
del.icio.us





Acórdome dese día e tamén eu disfrutei con janas. Pero a vida segue e temos o que temos. Sen remedio polo que se ve.
Ninsesabe | 15-04-2007 - 12:04:49 GMT 1 #
Jaja! ¡Qué día! Yo también pensé que pudiera ser descendiente de un voluntario por la República. Aquel día hicieron gala de su más chabacana ignorancia, aunque seguramente más de uno lo dijo por temor al que mandaba en TVE. Una precisión, amigo Teo: el de Riego es más español que la Marcha Real, ya que ésta es en realidad una marcha militar de una región de Alemania (no recuerdo cuál) y el Himno de Riego fue escrito y compuesto aquí... Eso no lo dijeron.
Gustavo | 15-04-2007 - 13:52:04 GMT 1 #