Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

08/04/2007 GMT 1

Cheque en Branco a Zapatero

sarampelo @ 11:43

 

Unha web ofrece "un voto de confianza" ao Goberno.





Un "cheque en branco" para que Zapatero acabe co terrorismo


capture-1.jpg 

 

A través de internet estase difundindo desde fai algúns días unha nova iniciativa a favor da loita do Goberno en contra do terrorismo. Trátase dunha web que propón entregar un “cheque en branco” a Zapatero, dentro do límite que nos dá a Constitución e que servirá, “de xeito simbólico” para transmitir ao Executivo “un voto de confianza”, para que xestione en función da súa responsabilidade e as súas obrigacións, e no marco da Constitución Española o que deba facer para erradicar o terrorismo do noso país. 

Falar non tén portelos "O Fervello": Cada quen  que faga o que lle pete, é libre para darlle ou non darlle ese voto.  A iniciativa de principio  paréceme moi boa, nembargantes non me gusta nada a Web en canto e tanto non aparece os seus responsables con nomes e apelidos nunha iniciativa deste calibre e embergadura, que sería o máis lóxico. Dicen que son un grupo de cidadáns "independentes", sen aclarar ren. Un dos meus principios sempre foi que ninguén é independente. En términos mariñeiros nin siquera un barco é independente, sempre está escorando, ou a babor ou a estribor segundo lle conveña. Vento e treboada a estribor, barco a babor e viceversa. Coido que este término mariñeiro o entendedes moi ven.

 

Comentarios

Comentarios(5) »

  1. Home, igual a web é do próprio ZP, co cal quedaría feo dar nomes, :P

    moucho_branco | 08-04-2007 - 17:25:10 GMT 1 #

  2. Como tu dis en principio a iniciativa é boa. ¿Recibirá o apoio dalgúns militantes do PP?

    O Raposo | 08-04-2007 - 22:18:34 GMT 1 #

  3. ¡Canta razón tes! Vou cheo de oír falar de independencia, e despois cada quen tira para o seu.
    En canto á iniciativa, en principio non está mal, pero tamén neso coincido contigo: ¿por que non facer público de quen se trata?

    Ninsesabe | 09-04-2007 - 10:22:58 GMT 1 #

  4. Estou co moucho, a páxina é de ZP ou da familia.

    a+randeeira | 09-04-2007 - 18:52:47 GMT 1 #

  5. é si a páxina e do pp e colgaronna para tomar "o pulso" do que pensa a xente? Sei que é unha idea moi enrevesada, pero tratandose do pp poida que non o sexa tanto... a fin de contas, encantanlles os modos de Paul Joseph Goebbels

    nieve | 11-04-2007 - 11:21:04 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>