Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

03/04/2007 GMT 1

Por un estatuto de Nazón para a plataforma Nunca Máis

sarampelo @ 14:48

O Curmán do Fervello

Comando Cultural "Os Rabiscos"

Por un Estatuto de Nazón para  plataforma Nunca Máis.

Algunhas xentes do lugar lembran que hai anos houbo un acident marítimo que se converteu en traxedia e que se montou unha plataforma cidadá que se chamaba Nunca Máis para expresar a carraxe que sentía a xente de Galiza contra os governantes da Xunta e o PP en xeral, aquí e en Madrid.

Todo aquilo estivo moi ben e fomos os galegos e as galegas quen de ser, por fin, os primeiros en algo, ou sexa, os primeiros en sair a zoupar-lle ao PP con 20041011rp_congreso_linguas010_rafa_villar01_5901.jpggañas e teimudez. Non estivo mal.

Como sabemos todas as persoas que estivemos en Nunca Máis desde o comezo,aplataforma foi-se convertendo pouco a pouco nunha organización xerárquica manexada por varios intereses tanto políticos como mediáticos, desde o BNG (certo, sen esa organización non se tería montada a plataforma) até CC.OO (lembramos cómo entrou un liberado de CC.OO declarando que viñan “a impor orde na plataforma”, él, que tería que ir traballar, que leva 23 anos liberado), pasando polo PSOE(partido que nunca estivo na plataforma como tal, había agrupacións do PSOE, pero o PSOE, nada de nada, o que tampouco impedía a Xosé Blanco declarar por aí que a plataforma era a hostia viva e que alí estaban eles), e chegando finalmente aos artistas, compañeiros de viaxe e beneficiarios dalgún chanchullo en forma de subvención e decarpas de circo alugadas en Inglaterra, que, como saben, é onde se alugan esas cousas.foto.jpg

Total, que despois de dar a cara e de pasar uns meses de acó para aló, da Ceca para a Meca, resulta que o do Prestige foi-se amañando de vagar e, consecuentemente, a Plataforma Nunca Máis esmorecendo. Normal.Mais agora estamos nunha encrucillada: qué facemos coa Plataforma Nunca Maís?. Serve para algo manter o tinglado?.1110185440mani-nunca_mais-tosar-rafa-uxia1.jpg

Vexamos. Desde hai meses, moitos meses, a Plataforma non convoca unha reunión. Razóns?. Misterio. Explicacións?. Nengunha. Entón, cómo funciona a Plataforma Nunca Máis?. Pois do xeito máis executivista e máis agochado que existe, eles saberán porqué. Polo que conta a prensa, emiten valoracións de cando en vez, convocan fracasos de manifestacións e aparecen en Informe Semanal que, xa saben, é un noxento programa español para españolizar-nos coa música da que tanto gosta Paco Rodríguez.

Tamén é posible saber, grazas á prensa canalla, que os que hoxe se encargan de ventilar os aposentos de Nunca Máis son listos como allos porque saben de todo: saben de salvamento marítimo, saben de descargas de millo en portos de Lugo, saben de furacáns e de anticiclóns..., saben ónde están as chaves, Matarile-rile-ro, saben de lumes, saben de pastos, saben de todo, todo, todo.O que resulta máis raro é  que non informan de nada, Exemplos a poñer: cómo andan as contas que leva, ou levaba, o camarada Soldado Salvadores?. Non temos un balance, nen unha taboa de ingresos e gastos, nen nada de nada. Hai cartos?. Misterio. Cómo se gastaron? Misterio. Aumentou a partida de gasto titulada “Varios”?. Sí, iso sí. Funciona a web da 123a0422p.jpgPlataforma?.

Hoxe, día 3 de abril, non logro entrar nela. Estará “desactivada”?. Qué pasou coas carpas alugadas, despois adquiridas, en Inglaterra?. Son as mesmas carpas de “A cultura circula”?. Estamos diante dun pelotazo tipo “a Consellería de Cultura da unha subvención para comprar as carpas de marras, alguén adquire-as e logo a Consellería aluga a ese “alguén” as carpas para os espetáculos de “A Cultura Circula”. Resumindo: a Consellería gasta dúas veces no mesmo conto, entón, a Consellería é rica e a Bugalla unha fenómena.Pero se hai algo que me pon do fígado de parrulo é que a Plataforma Nunca Máis pasou á

clandestinidade para ás persoas mesmas que contribuimos a montala e que nos deixamos bastantes ilusións no camiño, amén de cartos, horas de sono, baranga_nunca_mais5901.jpgetc.

Sabemos que hai plataforma, sabemos que hai vida máis alá da Plataforma, e sabemos que hai un chico que é poeta e liberado dun sindicato de Nazón sen Estatuto, que escrebe cousas e que é máis listo ca Dios, que sae de cando en vez pola tele a contar contos. Quén

re-elexíu a Rafa Villar como portavoz da Plataforma Nunca Máis?. Porque o colega dura máis que aqueles membros do PolitBuró soviético.

E quén forma parte da Comisión Xestora e Permanente da Plataforma Nunca Máis?. Están vivos?. Atrapan subvencións como ADEGA ou van tan por libre que non hai que lles caze?. Ónde se reunen, ónde están?.Non sei para vostedes, pero pra min esta situación é moi triste. As xentes de Nunca Máis non merecemos este trato oscurantista.

A Plataforma, unha vez rematada a súa función, debe desaparecer do mapa e das cartas mariñas, e non debería seguir dando o penoso espetáculo que está a oferecer. Como ben lembran, un día saímos á rúa a solicitar DIGNIDADE. Pois ben, eu e máis o meu curmán Fervello solicitamos humildemente que a comandancia clandestina de Nunca Máis sexa quen de sair a luz e promova un proceso de disolución que traería aparellado tamén unha clarificación das contas previa á disolución en ácido da comandancia xestora, permanente e eterna.¡Por un enterro digno da Plataforma Nunca Máis!.

¡Liberados de todos os países, uníde-vos e traballar en algo honrado!.

O Curmán do Fervello.    Santiago, 03-04-2007

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Interesante, interesantísimo...Aprendín moito hoxe vindo por aquí. Moi, pero que moi, ilustrativo. Graciñas.

    Ninsesabe | 04-04-2007 - 10:21:17 GMT 1 #

  2. Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
    Saúdos

    Robert | 05-04-2007 - 22:45:54 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>