Praia privada en terreo público
Praia privada en Vilaxoán (Ría de Arousa)
Falar non tén portelos “O Fervello”: Unha concesión marisqueira é usada como taller e venda de motos acuáticas, sendo este terreo público concedido para acuicultura está ocupado por un negocio de motonáutica que ata tén piscina.Nesa zona construíu un chalet e a piscina e case natural ao estar na zona de
salvamento.Esta pescuda que fixo o xornalista Perfecto Conde o explica moi ben no xornal A Nosta Terra.
Fai pouco fixo pola parte norte un muro de contención de formigón expectacular, onde xa no se pode pasar por esa zona de salvamento, onde antigamente era unha praia.Agora estáse con un proxecto de paseo maritimo. Proxecto que ven solicitado desde fai 10 anos pola AAVV de Vilaxoán e que no ano 1998 xa se fixera ese proxecto polo arquitecto Portela e o sociólogo Daniel Pino sen impacto ambiental e pasaba arredor desa concesión, cousa que non se levou a cabo por motivos políticos. Agora estáse a falar de retomar ese proxecto e falan de levalo nesa zona polo interior. ¿De que van estes señores?. Se vai polo interior xa non é un paseo maritimo, e todo o que se queira chamar menos iso.
¿Logo tén que seguir hipotecado ese paseo outros 10 anos máis por mor desa concesión e que fagan o que lles pete?.
Nembargantes nesta historia hai responsables políticos tanto de Costas como do Concello de Vilagarcia. Costas por permitir esas obras e o Concello que explique como se lle concedeu o permiso para facer o chalet.
Para máis “inri”, fan regatas de motos preto de 20 metros de terra a unhas velocidades impresionantes por riba dunha zona de marisqueo que coido que conleva unhas consecuencias biolóxicas negativas para a cría da ameixa. ¿Teñen o permiso de Capitanía Maritima?. Se iso é así, vai en contra da lei sobre a motonáutica no mar.
( Ollar Vídeo )






Chúzao
del.icio.us
Nunca deixa un de sorprenderse. Este país non ten remedio, dijo eu.
Ninsesabe — 31-03-2007 - 14:24:16 GMT 1
O lle pasa a este país é que está en venta... se tes cartos é teu, dispón del como se te antolle.
moucho_branco — 02-04-2007 - 13:02:52 GMT 1
E patético se non contruen o paseo marítimo por cumpla do beneficio dun único fulano. E se no fan polo mar nesa zona, e mellor que o deixen.
A min que me maten se entendo a lei de costas. ¿Como se pode construir unha vivenda (e o resto que fixo) ahí?
inma — 05-04-2007 - 10:09:23 GMT 1
Yo tambien tengo que ver esta aberracion cada fin de semana y creo que este asunto se solucionaria maravillosamente con un magnifico paseo maritimo por encima de la piscina del señorito.
Alfonso — 05-04-2007 - 13:33:16 GMT 1
Es indignante....
Pepe — 15-06-2007 - 13:16:41 GMT 1