Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

24/03/2007 GMT 1

Parafernalia Vergoñosa

sarampelo @ 16:22

 Parafernalia custosa a cargo do erario público, con avión incluído  

 ( Según fuentes de la Fiscalía consultadas por la SER, esta resolución es "una pataleta infantil impropia de un tribunal de Justicia". Estas mismas fuentes consideran que la decisión de los tres magistrados que integran la Sección Cuarta, Fernando Bermúdez, Carmen González y Juan Francisco Martel, "juzga a las personas y no los hechos".“Vergonzoso teatro"
La reacción de los magistrados ha sido calificada como "salida de tono para excusarse de la obligación que tienen" y "vergonzoso teatro que alimenta la discordia en un asunto donde otros dos jueces anteriormente ya habían archivado el caso". ) Ler máis... Plural.com
  

Falar non ten Portelos “O Fervello”: Onte estiven a ollar o vídeo da detención de Otegui e pareceume unha parafernalia de mil estalos. ¿Pero en que mans estamos neste país?. ¿Onde están as persoas de valía ? Nos tempos que vivimos non se pode parar o progreso dun país que sempre estivo ancorado no pasado con ideas nacional-católicas e casposas.Todo o arco parlamentario que representa a maioría do pobo, menos os do PP, non o teñen moi doado para acadar a paz. Proba diso foi este montaxe deste xuíz retrógrado, con avión incluído; para poñer en evidencia á fiscalía, sabendo o que ía acontecer. A parefernalia estaba montada para que o utilizara o Sr. No e o Fedeguico e a plana maior do PP atacando como unha xauría ao Goberno. ¡ Ollo ! non van a por Otegui ou os abertzales, teñen moi clariño os obxectivos e quen lles molesta.

Quen foi o listillo responsable  que montou esa parafernalia da Garda Civil para comunicar e levar a Otegui. Se a Garda Civil sabía onde estaba (na casa) fixo falla montar semellante número, ¿É que ía a fuxir?. No o cre nin os paxariños preñados. Soamente con dous número da Garda Civil de paisano ían o seu domicilio falaban con el e marcharían para Madrid. Pobre de nós. ¿Quen son estes que mandan?. Imos de puto cu. Ata o paspán do meu pobo deuse conta da parafernalia. Deus nos colla confesados se algún de nós cae nestes barullos, ata coido que confesas que mataches a Franco e a Manolete. ¡ Ha ! esquecíame, todos eses gastos non os pagan os xuíces, pagámolos nós, o pobo, e tamén o despliegue da Garda Civil. Manda carallo na Habana.

Vídeo recollido de 20 minutos.es   

 

Comentarios

Comentarios(4) »

  1. É tremendo, e lojo o tinglado que arma o PP. Pero como deses non se pode esperar nada, penso eu que os outros, o goberno, tiña que ser máis claro. ¿Que foi unha decisión política que xa estaba tomada? Pois foi. Lexítima. Sensata. ¿Ou que? ¿Temos que meter no cárcere á xente por deltios de opinión? ¿Temos que meter na cárcere ós que teñen que ser interlocutores para chegar a un acordo pacífico? Isto non ten xeito.

    Ninsesabe | 25-03-2007 - 08:01:14 GMT 1 #

  2. É que xa está ben, estou até os mesmísimos do PP, da bazófia que cuspe e da crispación que axita día si e día tamén... A ver se a xente dase conta dúnha vez de que ou civilizamos á dereita con firmeza ou isto vai ser un xerador de conflictos contínuos que pode dar graves problemas.

    moucho_branco | 25-03-2007 - 18:51:13 GMT 1 #

  3. Moucho,se non se foi capáz de civilizar a esta dereita desde a primeira república no século XIX ata agora. Non pidas hoxe un milagre. Os milagres non existen, meu.

    sarampelo | 26-03-2007 - 01:13:10 GMT 1 #

  4. Precisamente pq vivimos nun país todavía moi ancorado nun pasado con ideas nacional-católicas e casposas, costa tanto traballo que a xente de ben e de valía poida ser escoitada. En canto a xente normal, os que formamos as sociedades nas que vivimos... pensar costa traballo, asumir o que un fai, é unha responsabilidade demasiado pesada... así que vexentando é máis doado mirar para outro lado e permitir que as cousas sigan desenrolandose de esta maneira

    nieve | 26-03-2007 - 12:23:39 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>