Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

12/03/2007 GMT 1

Manifestacións e baile de cifras

sarampelo @ 21:59

 

As manifestacións e o baile de cifras 

Que si dous millóns, que si 300 milleiros na “mani” de Madrid.  Imos contar: Os que van pasar o fin de semana a capital e si é de balde nos autobuses mellor que mellor, os dos “bocatas”, os que se apuntan de fora para facer bulto e logo ir de marcha por Malasaña. Os que están alí por estar e non saben por que están, os que saben por que están pero se esquecen das víctimas, os que saben o que queren non o que din convocando a todos, os organizadores intelectuais (os menos) votando cortiñas de fume. Sumando todo isto dános “cero patatero”. 

Ante iso vou sumar aquelas manifestacións de conciencia e ilusión, estou a falar daquel concerto en 1969 de Woodstock, onde se xuntaron máis dun millón de xóvenes onde nadie lles dou un bocata nin tiveron autobuses de balde. Por iso quero facer unha lembranza cun vídeo daquel gran concerto coa música de Janis Joplin cantando Ball and Chain. Desta maneira tamén nos esquecemos un pouco dos “patriotas de postal”.  

 


Comentarios

Comentarios(4) »

  1. Como siempre, tu gusto musical es encomiable: esta mujer era un monstruo de la escena.
    Me cuesta creer que haya gente que prefiera a Rajoy a Janis Joplin... Francamente, no me cabe en la cabeza...

    Gustavo | 13-03-2007 - 11:02:00 GMT 1 #

  2. Boas tardes Teo. Gracias polo teu comentario. Para min o menos importante de manifestación de madrid é a cantidade de "bulto" que puideran ser. Para min o máis importante e que reflexa, unha vez máis, a política basura, a mezquindade, a ruindade, a manipulación, o todo vale para estes charlatáns de 4 estralos. Tamén é triste que a xente que alí acuidiu non pensase un chisco máis, non reflexionase un tantiño. A estas alturas, ir por bocatas, noites de troula e demáis xustificacións que queiran darse, non me parece moi san. Non so os políticos teñen responsabilidade no que acontece, a sociedade tamén ten a sua parte de culpa, inda que isto non quede moi ben dicilo. Un reflexo estupendo é o vídeo do concerto de Woodstock, que como ben dis, a asistencia non estivo nin "comprada" nin "vendida".

    Quen se acorda das víctimas do 11-M? Onde esta o pp nesta ocasión? Ah, xa, a xente que viaxa en metro, tren o autobús... como dicías Teo?... eso é, non xogan o golf, por tanto, pra que molestarse?

    nieve | 13-03-2007 - 15:47:03 GMT 1 #

  3. eso pasa moito tamén a pequena escala aquí por estes lares... autobús gratis, bocata, empanadiña nun monte... e todos a berrar e aplaudir o que nos digan!
    esa manifestacion non era nin polas víctimas do 11-M nin por rabos de gaitas!! Só hai que escoitar as consignas que se berraron

    mar e lúa | 13-03-2007 - 22:35:17 GMT 1 #

  4. Janis Joplin foi unha das miñas predilectas de xuventude, mágoa que se fora tan cedo...
    Se Espe contara os asistentes a Woodstock daríalle alomenos 25 millóns...

    Ninsesabe | 14-03-2007 - 08:41:22 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>