Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

07/03/2007 GMT 1

Derradeiras horas da morte do "Che"

sarampelo @ 23:04

 

Derradeiras horas do asasinato do Che Guevara

Vídeo "caseiro"  do Che e vídeo da cantante Nathalie Cardona   

Ríos de tinta se se gastaron ao escribir da historia do Che Guevara. Nembargantes quero facer unha lembranza dos que interviren no asasinato.De cando en vez é moi san lembrar a esta xuventude do século XXI, a este gran home que loitou por un mundo mellor. Non soamente é levalo nunha camiseta como se fora un anuncio de Cocacola, senón o saber quen era e o que foi.

Neste vídeo de “colleita caseira”, coido que algo dirá para as novas xeneracións. Ao mediodía daquel 9 de outubro de 1967, mentres o Che permanecía sentado sobre o piso de terra nun recuncho da “escuelita” da Higuera, dous soldados do exército boliviano, o suboficial Mario Terán e o sarxento Bernardino Huanca que pertencían ao batallón comandado polo maior Miguel Ayoroa, entraron ao cuartucho semiescuro onde repousaba o Che curando a ferida da súa perna, e ultimárono con ráfagas de ametralladora en todo o corpo. Terminaron igual coa vida do outro prisioneiro, Simón Cuba, “Willy”, que permanecía encerrado nun cuarto contiguo.

Aquela operación de asasinato selectivo foi ordenada premeditadamente polo dictador Barrientos e o seu Alto Mando Militar que estaba baixo as ordes da CIA e do Pentágono. A orde foi transmitida polo xeneral Joaquín Zenteno Anaya, comandante da Oitava División de Exército que voou persoalmente cara á Higuera para autorizar aos dous homes do maior Ayoroa a execución sumaria. Zenteno Anaya comunicouse ás dez da noite do 8 de outubro cos soldados que capturaran ao Che, pedindo que o manteñan vivo ata o seu arribo á Higuera. Chegou ás 11 da mañá do día 9; deu a orde persoalmente e a execución produciuse ao media día. Ás 13:30 o goberno emitiu un boletín de prensa informando que o Che morrera en combate
 

Intervención da CIA
A execución do Che, ao mediodía do 9 de outubro, non se produciu senón despois de que o axente da CIA Félix Ramos,(Nome verdadeiro, Félix Ismael Rodríguez Mendigutía) un cubano disidente que asesoraba persoalmente a Zenteno Anaya, conversase a soas co Che, a quen coñecía. Segundo informou un dos captores do Che, o entón capitán Gary Prado Salmón, o axente da CIA Ramos, que ostentaba grado de Capitán, foi o único estranxeiro que tivo acceso ao Che durante a súa detención. Nunca estivo nas operacións e estaba asignado ao Comando da Oitava División para efectos de intelixencia, habendo chegado ata Vallegrande só cando se produciu captura do xefe guerrilleiro?.
Foi Ramos quen influíu na decisión dos militares bolivianos comandados polo dictador Barrientos para asasinar covardemente ao Che, co argumento de que mantelo con vida e enxuicialo por sedición ou terrorismo só acrecentaría o mito vivinte que xa era entón. Pero o seu asasinato acrecentou ese mito mil veces máis.
 

Nomes dalgúns actores pasivos e activos deste magnicidio, moitos deles xa están no inferno

Presidente de EEUU-Lyndon JhonsonSáprata-Presidente de Bolivia. René Barrientos.Generales Alfredo Ovando e Juan José TorresContraalmirante-Horacio Ugarteche. Coroneles-Joaquín Zenteno Anaya, Fernando Sattori e David La Fuente.Teniente Coronel-Herberto Olmos Rimbaut.Comandantes- Miguel Airoa e Andrés Sélich este foi o máis sanguinario.Capitáns-Gary Prado Salmón,  Oscar Pammo, Ángel Vargas e René Ocampo.Maior- Jaime Miño de Guzmán.Oficiais- Tomas, Toty, Aguilera, Carlos Pérez Panoso, Eduardo Huerta Lorenzetti, e Raúl Espinosa.Suboficial- Bernardino Huenca, este foi quen o apresou e lle deu culatazos no peito. O máis canalla foi o axente da CIA Félix Ismael Rodríguez Mendigutía, inclusive aínda agora presume de matalo e de andar a patadas co cadáver. Aceptaron matar ao Che os seguintes asasinos: o suboficial Mario Terán, o sarxento Bernardino Huenca e  o suboficial Carlos Pérez Panoso coa axuda do “gusano” da CIA que o rematou no chan Félix Rodríguez. 

O que fora Director da CIA Porter Gosss ata fai pouco e nomeado polo Presidente Bush , naquelas épocas do Che era un axente secreto desa axencia mafiosa e adestrara a Félix Rodríguez .  

 


Comentarios

Comentarios(6) »

  1. En cierta ocasión, un intelectual latinoamericano, que no recuerdo quién era, podría ser hasta anterior al Che, dijo que la imagen auténtica de Latinoamérica era la del guerillero con su fusil al hombro... Che, para muchos, es la dignidad de esa tierra, junto a Zapata y a monseñor Salvador Romero y a tantos otros...

    Gustavo | 08-03-2007 - 10:51:54 GMT 1 #

  2. Nestes momentos que nos toca vivir está ben recordar a figura do Che, revolucionario que debería ser exemplo da xuventude e que, por desgraza, para moitos non ten máis significado que a imaxe da chapa ou da camisola.

    a+randeeira | 08-03-2007 - 11:01:42 GMT 1 #

  3. ¿De quién es la canción del 1er vídeo?

    Gustavo | 08-03-2007 - 12:57:41 GMT 1 #

  4. Gustavo, creo que es de Alí Primera. No estoy muy seguro, parece el en la voz.

    sarampelo | 08-03-2007 - 14:07:30 GMT 1 #

  5. Cando entrei na facultade, no 94, coincidimos ó chou un grupiño de persoas que non nos coñeaciamos de nada. Ós poucos días unha das rapazas estaba de cumpreanos así que nos convidou a unha merendola no seu piso para ir intimando, de camiño para a súa casa pasamos polos postos de artesanía que hai na rúa do Franco para mercarlle algo e entón alguén dixo que podiamos coller "algo del Che, que el Che es guay". Case caio ó chán nese momento.

    Iso é o que os novos, e non tan novos, pensan do Che, ríndenlle culto a unha imaxe nunha camiseta sen pararse a pensar que se estivera vivo o tacharían de inhumnano terrorista para arriba. A súa causa están tan viva como cando él combatía, ou máis, pero os seus modos gozan agora de moi mala prensa.

    Fror de toxo | 08-03-2007 - 17:10:39 GMT 1 #

  6. De blog en blog e tiro por que me toca...

    É a primeira vez que entro no teu blog, e me atopo cun tema que, casualmente, veño de falar con miña irmá hai 10 minutos.
    Miña irmá ten 15 anos, pero grazas a meu pai e a min sabe perfectamente quen foi Ernesto Guevara, o que fixo e polo que loitaba.

    Agora ela ri cando ve ós seus compañeiros cunha camiseta do Che e ela lles pregunta se saben quen é ese que está reflexado na camiseta. Evidentemente... nin idea. Nunha ocasión ata lle dixeron que era o cantante de AC/DC. En fin...

    É unha mostra máis da pouca cultura que se ten, do pouco que aprenden os rapaces.

    O exemplo do Che sigue vivo, sigue vivo grazas a xente coma os que comentamos aquí, posto que sabemos quen era e por que morreu como morreu.

    Un saúdo

    Alfredinho | 09-03-2007 - 19:12:05 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>