Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

04/03/2007 GMT 1

Manifestación ante o Concello de Vilagarcia

sarampelo @ 01:04

 

Un cento de vilagarciáns concéntranse contra a prisión atenuada concedida a De Juana

   

Preto dun cento de vilagarciáns concentráronse na tarde-noite de onte ante o Concello de Vilagarcía para amosar o seu rexeitamento á decisión do Ministerio del Interior de conceder a prisión atenuada ao etarra De Juana Chaos. Berros e lemas contra Zapatero destacaron na mobilización. Los asistentes fueron convocados por SMS y a través de mensajes al correo electrónico.

portadaar2.jpg

 Ler máis.........Diario de Arousa. REDACCIóN > VILAGARCíA  

Falar non ten portelos “ O Fervello”: Cada quen é libre de manifestarse dentro das canles legais crendo que é por unha causa xusta. Pero estas manifestacións diante do Concello non levan a finalidade pola cal se pode crer que sexa pola prisión atenuada de De Juana.

Non digo que algunha xente o poida crer, pero os responsables desa convocatoria o fan para o acoso e derribo dun goberno lexítimo.Non sei si a eses manifestantes lles explicaron ben o que é a xustiza.  

Politicamente eliminouse a posibilidade de que De Juana finase, pola sinxela razón de non crear un mártir. Este etarra ten ao lombo 25 asasinatos, pero segundo as leis xa tiña que estar fora da cadea. Logo xurdiu o dos artigos a Gara o volveron a condenar a 90 anos, revisouse e quedou en tres; se lle votaron 90 anos por eses artigos, logo a Inestrillas que lle chamou nun artigo asasino e borracho ao Rei, lle tiñan que votar 300 anos.

Tamén a min me gustaría que lle cortaran certas partes a un violador. Pero unha cousa é o que eu pense e desexe e outra a xustiza establecida para todos.Son partidario destes” fallos das leis” a que impere a lei do diñeiro, do poder, o do cacique e moito menos a lei dos “salvapatrias”.

O que estou a ver é moita hipocrisía e moita utilización das víctimas e os seus familiares. Unha utilización política rastreira.Non sei se os convocantes lles contaron á xente que se manifestou, o bo que foi Aznar ao soltar da cadea  a moitos etarras con penas de ata 300 anos, e ninguén se rachou os vestidos.

No se fixo tanto escándalo cando liberaron por enfermidade ao que foi o xeneral Galindo con unha pena  de moitos anos por asasino e torturador.

Logo sae a presidenta da Comunidade de Madrid dicindo que este día foi o máis triste despois do 23 F. Esta señora non ten memoria, lle vou a lembrar, tres días tristes desde que finou o Dictador “salvapatrias” Franco. O primeiro foi o día que todos os deputados do PP lle deron no Parlamento o visto bo a Aznar para comezar unha guerra ilegal que nada tiña que ver conosco, pero o máis triste foi como aplaudiron todos en masa. O outro día triste foi o atentado do 11 M.  A señora Esperanza Aguirre non recorda este día xa que as víctimas non eran dos de abrigo de visón nin de xogar ao golf, eran de terceira categoría. Por iso non lembra ese día tan triste para este pais. Non quería esquecerme daquel día moi triste nuns intres non moi doados para a democracia en España, da matanza de avogados laboralistas en Atocha. ¿Non te lembras Esperanza?. ¿non foi triste ese día Sra. Aguirre?

Temos que ser serios dunha puñetera vez. Non é o “respecto ás víctimas” o que está a mover a dereita ás ordes que emanan desde a FAES , senón a oportunidade de atacar ao Goberno referendado nas urnas cos seus defectos e a súa virtudes.

Como dicía Aristóteles: " Es preciso preferir la soberanía de la Ley  a la de uno de los ciudadanos". 

Reagrupamento de presos etarras polo PP no secuestro de Lara

Ver Vídeo

Comentarios

Comentarios(5) »

  1. Meu prezado Teo: felicitacions por decir cousas con unha coherencia mellor que as barbaridades que se din en outros medios.
    Eu espero que a cordura se impoña a sinrazon que moitos tratanos de meter po-los ollos.
    Unha aperta

    Rogelio Diz | 04-03-2007 - 06:57:18 GMT 1 #

  2. Eses cidadáns non fixeron o mesmo cando o Homiño liberou a Iñaki Bilbao, que lojo diso matou a un concelleiro socialista...Todo esto parte dunha premisa que cada vez teño máis clara: o PP prefire acabar co PSOE antes que co terrorismo. E xustamente utiliza este último para lograr o seu obxectivo.

    Ninsesabe | 04-03-2007 - 09:26:19 GMT 1 #

  3. O PP fai oposición do xeito máis rastrero posible, e o peor de todo é que ata certo punto lle funciona. Van aumentando e aumentando a crispación sen que os cidadáns se den conta da manipulación da que son obxecto. Estamos volvendo ás dúas españas e logo chaman irresponsabeis ós demais.

    Fror de toxo | 05-03-2007 - 09:03:28 GMT 1 #

  4. non estamos volvendo ... xa estamos outro vez no espírito das dúas españas

    a+randeeira | 05-03-2007 - 10:52:09 GMT 1 #

  5. Penso que estamos nun momento moi parecido a fai uns anos, cando a famosa frase "vayase sr. gonzález". Unha proba máis de que os pepés o unico que fan no presente e o que xa fixeron no pasado: sembrar "m". O tiste e que, como di fror de toxo, parece que lles está a funcionar.

    nieve | 05-03-2007 - 19:53:50 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>