Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Degradación e desfeita do litoral

sarampelo @ 21:55

 

Degradación e Desfeita do Litoral en Vilagarcia de Arousa  

Falar non ten Portelos “ O Sarampelo”: Esta é unha parte do litoral do Concello de Vilagarcia de Arousa. Este vídeo filmouse a principios do ano 2006. A cousa segue igual sen a batea que a desguazaron.Moito ríos de tinta percorreron polos xornais nos últimos anos para que se tratara de corrixir e rexenerar esa antiga praia .

Non soamente Vilagarcia é a praia de Compostela como así ven nos folletos turísticos e outros de interés histórico,  isto o teñen como agochado e parece que é a esterqueira da Ría.Xa levan anos prometendo o Goberno Local a rexeneración, pero ao final o lixo nos chega ata o pescozo.

Logo, como é posible que se conceda unha licencia ao pé do mar case enriba da antiga praia para unha edificación, que non se sabe para que vai ser.

Rechiaron a praia fai anos e lle comeron ao litoral . esnaquizaron a praia e agora a edificar. Por outra banda, temos os sumidoiros das fábricas votando por fora directamente ao mar, mesmo onde fai 30 anos iámonos a bañar. 

Agardamos que nas vindeiras eleccións, os que gañen, tomen as medidas máis pertinentes para tratar de rexenerar esta parte do litoral dunha vez por todas. 

Lle puxen a banda sonora de o cantautor revolucionario Alí Primera,  por facerlle unha homenaxe a este malogrado cantor e para que escoiten estes da Corporación Municipal o que significa dignidade. Na segunda canción fala de Iankis Go Home, pero pódese trocar con: Concelleiros Go Home.

Ver Vídeo


Comentarios(3) »

  1. Non son quen de ver o vídeo. Seguro que está ben posto?

    a+randeeira — 03-03-2007 - 09:08:28 GMT 1

  2. A+randeeira: Coido que houbo un fallo de previsualización. Agora pode ser que se vexa.

    sarampelo — 03-03-2007 - 10:55:21 GMT 1

  3. Agora vese perfectamente. Triste pero real.
    A toleada para matar as nosas costas tamén ten un bo exemplo na miña zona da Mariña.

    a+randeeira — 03-03-2007 - 12:23:33 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>