Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Outra vez coa liberdade de expresión

sarampelo @ 16:16

 

O xuíz admite a trámite as denuncias de concelleiras do PP contra os blogs
A investigación dos contidos aclarará se os seus autores cometeron algún delito

As dilixencias permitirán descubrir a identidade baixo a que se esconde o Señor X Ler máis.....Voz de Galicia-Arousa.senorx_ico.jpg  O falar non ten portelos “Fervello”: Que axiña funciona a xustiza en Cambados, eu que pensaba que era moi lenta. Non funciona tan rápida en Madrid, xa que fai tempo que o Inestrillas no seu Blog chamáballe asasino e borracho ao rei e aínda non temos novas de que actuara a xustiza. Bueno.......todo se 175-8547-a-cambados.jpgandará.  Temos un niño de fachas agochados que están a saír á luz  que da medo.

Disque que o xuíz vai pedir a EEUU, ou sexa o servidor do Señor X para saber a súa identidade. Vaiche boa coa liberdade de expresión, agora por desgracia a política deste país a están a facer os xuíces. Isto non conduce a nada, xa podemos prescindir dos políticos e que fagan a política o Poder Xudicial. Estamos máis fodidos que os carallocampantes.

 

 

Comentarios(4) »

  1. O que está a acontecer contra as persoas que expresan o seu descontento co poder de xeito crítico pero dentro do ríspeto está a recordar vellos tempos fascistas.
    Pouco faltará para recuperar a figura do Censor.
    Liberdade de expresión xa!

    a+randeeira — 14-02-2007 - 16:28:06 GMT 2

  2. Boas noites Teo. Acabo de quedar bastante sorprendida. Admitir a trámite isto é increible, o menos pra min. Que fixeran a denuncia os pepés no me sorprendeu, son pepés, pero que se admita a trámite... é algo así como empezar a desandar o camiño das libertades máis fundamentais do ser humano e que tanto custo tivo loitar por elas ata conseguilas. Una vez máis ponse de manifesto que os xuices son fieles cans dos seus amos

    nieve — 15-02-2007 - 22:06:16 GMT 2

  3. Boas noites nieve: se a política deste país a marcan os xuíces e como "ir ao cortello e matalas todas". Eu que me considero agnóstico vou dicir o que vulgarmente se dí,"deus nos colla confesados"

    Teo — 15-02-2007 - 22:14:49 GMT 2

  4. Hola de novo Teo. Non sei si a política a marcan os xuices, pero están preto de facelo. No vídeo que colgaches dos debuxos de Castelao, hay dous que penso seguen a pasar hoxe en día, de forma máis disimulada, pero igualmente mortífera: un e o que dí: "así aprenderán a non ter ideas" e o outo: "en Galiza non se pide nada, emigrase". Eu tamén me considero agnóstica, e non só no tocante a relixión e a frase "que dios nos colla confesados" ... pois sexa dios ou satán, como as cousas non cambien... os homes seguimos a ser os maiores depredadores deste planeta.

    nieve — 15-02-2007 - 22:23:07 GMT 2

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>