Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

p1000566-copia1.jpg

09/02/2007 GMT 2

Represalias do Estado de Dereito

sarampelo @ 02:02

A empresa Kelme decide rescindir o contrato de patrocinio co xogador do Barça Oleguer Presas, polas súas declaracións contra o Sistema 

oleguer.jpg

“ La empresa de ropa equipamientos deportivos Kelme ha anunciado la rescisión del contrato de patrocinio que le vinculaba con el jugador del Barcelona Oleguer Presas Renom por "las recientes declaraciones" efectuadas. De este modo, comineza a sufrir Oleguer las consecuencias de haber cuestionado el presunto Estado de derecho en el que vivimos. “ Ler máis....... 

Agencias/inSurGente.-  

Falar non ten portelos “Sarampelo”: Coido que o que dixo Olaguer é a unha realidade como a copa dun piñeiro.Dixo o que moitos neste país pensan en silencio pero non o din publicamente.  Despois de tan marañada na A.N, o Tribunal Constitucional etc., quen cre na xustiza neste país. Onde está o estado de dereito neste país “democrático?. ¿cantas varas de medir ten a xustiza?.¿Están os xuíces por riba do humano e o divino?

O único que eu propoñía era darlle un escarmento a” Kelme” de tódolos cidadáns silenciosos pero que pensan o  mesmo que comentou o futbolista. Ese escarmento sería non mercar ren desa empresa, demostrando que aínda hai dignidade por parte de moitos españois.

Xa me tardaba a min moito as respostas a Oleguer dos mas-media e das represalias de estamentos privados e públicos  deste país, que moitos coa boca moi chea, din "democrático".

 

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Eu xa tiña claro que por algún lado lle ía chegar o "castigo" por falar cousas que non interesa escoitar a xente con moito poder.
    O de Kelme non ten perdón e sería boa iniciativa que se coñecese máis a decisión dunha empresa que usa a censura como táctica comercial.
    O máis curioso que se o xogador fala da súa vida de pendón, de borracheiras, de putas ... Kelme non diría nadiña

    a+randeeira | 09-02-2007 - 10:24:40 GMT 2 #

  2. non teño nada de marca kelme que eu saiba, e lóxicamente despois disto xa por princípio non o terei, o que sí farei é mercar a camisola de Oleguer, anque non eu sexa futboleiro.

    moucho_branco | 09-02-2007 - 12:54:22 GMT 2 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis