Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

p1000566-copia1.jpg

04/02/2007 GMT 2

Mosteiro de Carboeiro

sarampelo @ 22:34

 

 

MOSTEIRO DE SAN LOURENZO DE CARBOEIRO 

 

 

San Lourenzo de Carboeiro, un mosteiro fundado en  936 polos Condes de Deza, atópase ao carón do río Deza non medio dunha paisaxe natural moi fermosa.

Construído polos discípulos do Mestre Máteo, que fora o artífice do Pórtico da Gloria. Considerase a xoia do románico galego e símbolo da bisbarra do Deza.

Na actualidade conserva a igrexa románica e partes do cenobio benedictino. O templo, edificouse polos anos de 1171.Os anacos das dependencias monacais foron abandonados no século XV.

 

 Falar non ten portelos “O Sarampelo”: De cando en vez doume unha voltiña pola Galicia de terra a dentro, hoxe tocoulle ao Mosteiro de Carboeiro e chamoume a atención a restauración que se fixo ou estase a facer do Mosteiro. Nembargantes, o cartel oficial di que é a segunda fase, cun orzamento de 149.999,99 euros, comezando as obras o 18-07-2006, con data do remate 16-11-2006.

sin-titulo.JPG

( Cartel da empresa adxuditaria)

O que vin, para o meu pouco entender, é que o tellado está bastante ben, pero se observades ao final do vídeo ollaredes que ao carón da porta principal lle puxeron unhas escadas de cemento que rompe toda estética, logo no que algún día foi campanario temos unha obra de madeira que parece chapa mariña, non sei se iso é provisional ou é dese xeito. As pedras están todas dentro do recinto marcadas pero tiradas no chan, tampouco sei se iso desde un punto de vista artístico as pedras quedan onde están ou será para a terceira fase, se hai terceira.

Logo o máis cabréante e que dos 150.000 euros do orzamento da Consellería de Cultura e Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, non lle chegou ese diñeiro para a empresa que contratou a restauración poñer o cartel en galego. ¡Manda carallo na Habana!. O que non sei se esta adxudicación foi feita polo anterior goberno o foi do actual. 

 

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. Sobre a restauración do Mosteiro de Carboeiro, segundo o que eu vin podo dicir que, Cando as cousas teñen que ser e non son, hai gato pechado. Ata o cartel da Consellería está en castelán. O orz...

    chuza.org>>Mosteiro de Carboeiro | 07-02-2007 - 02:34:01 GMT 2 #

  2. Outro exemplo máis da falla de respecto que as nosas autoridades teñen polo noso patrimonio.
    Eu estiven aí a finais do verán e quedei impresionado polo contorno natural pero decepcionado polo estado do mosteiro. O do campanario (quero pensar que froito dalgún deseño 'vangardista') está totalmente fóra de lugar, aínda que me recorda a St. Estevo de Ribas de Sil. Falando do cal, menos mal que non se lles ocorreu convertelo nun 'hotel pa ricos'...

    mancunianus | 08-02-2007 - 13:01:16 GMT 2 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis