Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Imos de Romanticismo

sarampelo @ 02:36

Despois de tanta crispación política, de tanto pepeiro, escoitar na radio e ler nos mas-media o informe da ONU sobre o cambio climatolóxico do Planeta Terra; que di máis o menos así: "o futuro moi fodido". O mellor estes días é escoitar uns anaquiños de música romántica de tódolos tempos.... Que vos parece a cousa

El Puma

Roberto Carlos

Marie Laforet

Procol Harum

Pablo Milanés & Victor Manuel

Pablo Milanés (Yolanda)

Adamo

Lynn Anderson

Mina

Melina Merkouri

Nino Bravo (Un Beso y una Flor)

Nino Bravo (Libre)

Escoitando algunhas destas cancións, agardo que esquecérades un pouquiño da realidade tan agresiva que acontece no mundo, na época que nos tocou vivir con gobernantes crápulas e guerreiros "preventivos".

Despois de escoitalas todas, os danos "colacterais" pola miña banda non me afectou ren

Comentarios(4) »

  1. Gracias Teo, por lembrar esas cancions da nosa epoca, estou de acordo que con a sua branca palidez, Yolanda e xardin de rosas, sonche unha moi boa seleccion nestes tempos un pouco axitados.

    Rogelio Diz — 03-02-2007 - 10:12:57 GMT 2

  2. Os gustos deste moucho van por distintos camiños, pero saúdo o teu detalle,;P

    moucho_branco — 04-02-2007 - 00:21:34 GMT 2

  3. moucho_branco, penso que os gustos musicais non teñen importancia se soamente é para acougar un pouquiño toda a crispación que pruducen os Pepeiros, aínda que amin me gusta toda a música sempre que se boa e ben feita.
    saúdos

    sarampelo — 04-02-2007 - 00:36:55 GMT 2

  4. Bos días Teo... Yolanda e unha desas cancións intemporais que tanto valen pra un roto coma pra un descosido. Cómo a boa música, que sempre axuda a olvidarse de tanta merda. Sinto Teo, hoxe non teño o día para andar con "...". Todos éstes que tanto berran non teñen nin p.i. do que e a vida real, o que pasa a cada minuto, a cada instante. Por deus, de que problemas falan? que e iso tan importante pra vida? qué vida? Xa estou farta de tanta historia e tanto discurso valeiro, farta de tanta demagoxia, tanto vela vida dende un sillón mullido e falar de temas que só coñecen dende unha realidade teórica e nalgúns casos ata "virtual". Qué diablos, xa está ben de tanto discurso por un lado e polo outro cando o único que está claro e que son os mesmos chupatintas de sempre, cos malos hábitos e costumes de sempre, xa se chamen xoan, perico ou andrés, cos meus respetos pra xente de ben que tamén se chame así.
    Mi madriña, mellor que vaia parando. Parece que estes días de hospital no me serviron para tomar as cousas máis tranquilas.

    nieve — 05-02-2007 - 14:32:55 GMT 2

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>