I+D+I-Galicia
“O futuro do I+D+I en Galicia “
Recollido de Galicia Confidencial
“O manifesto de e-gallaecia trouxo e trae, aínda, marexada entre un sector das empresas tecnolóxicas do país, das universidades de Vigo e A Coruña e da propia Ó parecer, investigadores e novos empresarios amosaron o seu malestar porque o manifesto (asinado por gran número de profesores, grandes empresas e polo propio rector da Universidade de Santiago) limitase a pedir que se aumenten as axudas ás empresas e a cursos de formación de
Xunta…
traballadores. Nembargantes, aseguran que isto xa se puxo en marcha en gobernos anteriores co resultado de “corrupcións, reducción da competencia ou financiamento de obras que nada tiñan que ver co I+D+I”.”
-------------------------------------------------------
Falar non ten portelos “O Sarampelo” Os diñeiros públicos se teñen que controlar a onde van dirixidos. Que empresas son as que reciben os cartos. Como se inverten. As corrupcións se poden controlar con un seguimento eficaz e control por parte dos axentes responsables. Mentres Galicia está sempre coa cultura da subvención, xamais ergueremos cabeza. Cartos para calar bocas, cartos para bandullos agradecidos, cartos para certos sectores do mar que teñen unhas rendas altísimas que viven exclusivamente da nai Xunta, pero teñen que recuperar o voto dese sector, etc.
Temos que subvencionar á empresa privada (ollala con lupa) que aporte novas ideas , investigación e tecnoloxía punta nun crecemento sostible, axudar para que despeguen esas empresas e sexan innovadoras no século XXI. Se non o saben facer os responsables políticos desta materia, que se vaian a Irlanda a facer uns cursillos de I+D+I, que ven falla lles fai.

Chúzao
del.icio.us


