Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Deus os dá e eles xúntanse

sarampelo @ 19:14

Deus os dá e eles xúntanse. ¡ Aleluia !

Agora que imos de concelleiros e alcaldes, por aquilo de pechar blogs. Que si a liberdade de expresión, que temos que andar ao "loro", denuncias por parte do Alcalde e concelleiros de Cambados a Blogs dese pobo e de O Grove  etc...

Ollades este vídeo e veredes que eles mesmos fan oposicións para que a cousa funcione. Eles mesmos o piden a berro tendido, non pola súa eficacia, senón pola súa inoperancia.

O vídeo, segundo o Confidencial.com, trátase dunha roda de prensa do concelleiro de festexos Sr. Barreda de Ciudad Real e Millán Salcedo o que fora do grupo humorístico Martes y Trece. O concelleiro é irmán do Presidente de "Castilla la Mancha" Comentan nesa mesma páxina que, o tal Barreda foi concelleiro do PP e agora está a facer unha lista para as vindeiras eleccións como grupo independiente. ¡ Hala !. Se eu vivira nesa cidade, correndiño ía a votar por el, máis nada para escarallarme de rir nos plenos.

Son como nenos pequeniños, se non queren unha cunca de caldo, nós lles damos dúas.


Un Comentario »

  1. Como está o persoal!!!

    a+randeeira — 01-02-2007 - 10:18:18 GMT 2

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>