Liberdade de expresión.2
As denuncias do PP multiplican as visitas aos blogs críticos de Arousa
«camba2.blogspot.com» e «ogrobe.blogspot.com»
As webs de Cambados e Ou Grove rexistraron 2.110 e 1.642 consultas durante o fin de semana
O Señor X limitou a actividade da súa páxina ao chat de intercambio de opinións

(Firma: Serxio González | Lugar: vilagarcía) Voz de Galicia
“las denuncias que dirigentes del PP en Cambados y O Grove han planteado contra dos webs del ambos municipios arousanos -www.camba2.blogspot.com y ogrobe.blogspot.com- derivaron el pasado fin de semana en una inusitada oleada de visitas a los dos lugares de Internet.”

Ler entrevista......a o responsable do blog de O Grove
Ler Opinión..........do delegado da Voz de Galicia Xurxo Melchor
Falar non ten portelos,"O Sarampelo": Hoxe na Voz de Galicia ven un comentario sobre o tema de Xurxo Melchor (Delegado da Voz de Galicia en Vilagarcía) interesante, co que non estou moi de acordo. Unha das cousa máis importantes que están acontecendo na actualidade na rede de redes, son principalmente os Blogs, Algo que abre unhas expectativas cara a información que non nos dan os medios tradicionais que están noutra onda e escribindo o “politicamente correcto” segundo lles vai. Iso é así e non te volta de folla. Tamén é verdade como di Melchor que, algúns Blogs se pasan en contidos (non é o caso dos devanditos Blogs). Temos a “Libertad Digital” que os insultos, acusacións moi graves e outras “baixezas” e polo momento aínda non se veo ningunha denuncia. O blog de Ricardo Inestrillas que pon ao Rei como borracho, asasino e outros insultos e aquí “paz y despues gloria”. A pluralidade da información é moi importante para a saúde mental, contrastala, peneirala e logo sacaremos as conclusións pertinentes e os blogs que os seus contidos non sexan do agrado da maioría eles mesmos se descualifican e morreran co tempo.Eu quero a diversidade de información e o meu criterio sacará as conclusións que crea conveintes, todo o demais é “música celestial”.Nembargantes hoxe na actualidade quero información dos Blogs e non dos medios convencionais que me aburren de moito “carallo”. Desa maneira tiñamos que meter na cadea a certos responsables de xornais de interés nacional que actuan con unhas informacións amarelas e moi sensacionalistas que fan un dano á cidadanía crispando o ambente político deste país, iso si que é moi grave, o que fan non é periodismo é "carroñismo informativo". Todos os Mrs X que polulamos polos Blogomillos comparados con estes xornalistas carroñeiros e de coñecidos nomes, somos "unas hermanitas de la caridad", e a min me gusta estar sempre con esas "hermanitas", solidarizandome con elas.
Coido que os blogs nun vindeiro futuro será un dos medios máis importantes da información, sacándolle lectores a prensa escrita sempre e cando sigan coas informacións de políticas correctas e non saírse do guión preestablecido. Unha das cousas máis principais polas que un loitou naquela "longa noite de pedra", foi o da liberdade de expresión, sabiamos que tendo isto as demais liberdades democráticas viñan por si soas.






Chúzao
del.icio.us
Bos días Teo, unha vez máis comparto opinión en canto a xustiza, xueces e dogmatismos relixosos, inda que non sea políticamente correcto decílo.
En canto a este posto, só dicir que ademáis de corpo teño mente por tanto non necesito que nadie me diga o que podo leer e o que non e moito menos como debo interpretar o que leo. A liberdade de expresión é un dos pilares básicos das sociedades e como persoa libre e con mente, eu decido o que leo, o que non leo e como o interpreto para despois poder sacar unas conclusions que e posible que nalgún caso estean equivocadas, pero eso tamén é bo pq darame a oportunidade de aprender, eso si, libremente sin que ninguen dirixa o que debe aprender.
nieve — 30-01-2007 - 15:48:01 GMT 2
No es de extrañar que las visitas se les multipliquen: unos por simpatía, otros por solidaridad y otros para irritar al PP. Es verdad que existen blogs peores por ahí, vinculados a la extrema derecha (incluido el PP): es curioso que nadie les meta mano.
Gustavo — 31-01-2007 - 14:12:59 GMT 2