Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

25/01/2007 GMT 2

O cemento e mailo ladrillo na Costa de Galicia

sarampelo @ 16:44

 

Denuncian unha urbanización de 260 chalés en Sanxenxo a menos de 150 metros da costa 

Silencio da Xunta, voto a favor do PPdeG e PSdeG, e oposición do BNG ·· Os veciños opóñense á destrución da “última zona forestal” que foi recualificada co PXOM do 2003

R. FERNÁNDEZ. SANTIAGO Galicia Hoxe.com  untitled3.bmp

 

 

 

(esta foto foi secuestrada a Galicia Hoxe) 

 

 

 

A presión urbanística que padece a costa galega segue en primeira liña de actualidade. Tras a oposición veciñal amosada ás recualificacións de terreos contemplados en determinados PXOM como o de Nigrán, Ribadeo ou Foz, agora chégalle á quenda a Sanxenxo.

 

Ler máis ....en Galicia Hoxe zksnsojgsb.jpg 

 

 

 (Foto,  Telmo con Louzán)

 

 

 

 

Falar non ten portelos: Xa me parecía a min moito que a Marbella de Galicia non estivera na porcallada do ladrillo e o formigón. Xa cando fuxiu o Alcalde antes de tempo para se presentar por Pontevedra nas vindeiras eleccións municipais (ollo, listas pechadas como sempre), a cousa non fedía moi ben. Xa que agora está de “moda” poñer a toda hostia o ventilador da merda, coido que se o poñen en calquera concello da nosa nacionalidade, o fedor sería insoportable.Que poñan o ventilador dun carallo dunha vez, e “listas abertas xa”.  O PP e mailo PSOE votaron xuntiños, xa vedes a bicos e abrazos. ¿Qué lle pasou ao BNG que votou en contra?. Non lle deron parte da tarta, ou trabucouse de voto. Pode ser que aínda podemos confiar en eles. Xa veremos, teño a mosca detrás da orella.

 

Comentarios

Comentarios(4) »

  1. Boas noites Teo. Parece que hoxe por fin podo escribir.
    Persoalmente creo que todos están cheos de merda. O ladrillo e formigón de toda a costa de Galicia está de merda ata as orellas por moito que queran negalo. E ven xa dos anos 80, principalmente do 85 en diante. A tarta é grande e ata agora conformabanse con un cacho cada un. O malo e que como é tan sabrosa, xa non vale repartir, agora todos queren a tarta completa. Listas abertas?, mmm, iso é moi perigoso, tanto coma gobernar unha cidadanía que pense.

    nieve | 25-01-2007 - 22:30:11 GMT 2 #

  2. Nieve, non é a panacea o das listas abertas, nembargantes coido que pon a cada quen no seu sitio, si as fixeches gordas as vai pagar nas urnas. Tíñamos un concelleiro que votou 12 anos, foi unha calamidade,dictador, come uñas e soplanucas, pero como ía de sesto, logo de quinto e despois de octavo na lista do PSOE, sempre saía o condenado. Case nadie o podía ver polos seus trafulcos e caciquerias, Se daquela, nas segundas eleccións houbera listas abertas, non lle votaba nin a familia, deso estou seguro.

    Teo | 25-01-2007 - 23:39:10 GMT 2 #

  3. Bos días Teo. Non podo estar máis dacordo co teu comentario. Sei que parece surrealista pero aseguroche que quedeime corta, e moito. As fundacións privadas xa traballan dende dentro, forman parte do sergas, sinon que llo digan os que estan preparando oposicións a este servizo. Por outra banda, hai xa anos que as sociedades mercantiles de 4 médicos teñen copados dende o material de última tecnoloxía a o escalofón máis baixo da mediciña e por iso para determinadas probas tes que trasladarte a determinados hospitais, que logo lle pagan a estas sociedades o custo por utilización de maquinaria e, nalguns casos, de persoal que forma parte do sergas. É unha mafia absoluta e non estou esaxerando. O Sr. Louzán e demáis secuaces deberían calar a boca pq sin ir máis lonxe, en Pontevedra, cando se negociou o pase de provincial o sergas, xa foi un desproposito con consecuencias que agora empezan a atisbarse. Coido que os usuarios tamén temos moita culpa. Non podemos "pasar" tanto e debemos ser capaces de asumir as nosas responsabiidades. Quizáis no País Basco, ademáis de ter no goberno un partido que mira polos intereses da sua xente, esa mesma xente esixe e toma posicións en canto os seus gobernantes. Penso que aquí non ocorre, almenos non como debería, exemplo temos con tantos anos no goberno de San Caetano dun partido que só miraba os intereses deles mesmos e coa vista posta sempre en Moncloa. Coñeces o refrán que dí: "mexánte enriba e dis que chove"... en moitos casos creo que é máis ca un tópico. Estou recordando agora que nas primeiras eleccións que puiden votar, hai xa anos, cando dícía que o meu voto iría o Bloque, mimadriña, case que pensaban que era unha terrorista. Pasados os anos, a propia experiencia persoal e profesional, ficaron en que xa non teño confianza algunha nos políticos. Feitos son amores e non boas razóns e agora salvo que os feitos os avalen, non me creo nada do que poidan dicir.
    En fin, non me fagas moito caso. Estar encerrada tanto tempo creo que non me está sentando nada ben.

    nieve | 26-01-2007 - 13:47:07 GMT 2 #

  4. Segundo Feijoo non só non hai nengúnha marbellización de Galiza senón que hai que deixar ben tranquilos aos especuladores sobre as posibilidades de seguir "desenrolando" o litoral...

    moucho_branco | 26-01-2007 - 14:28:58 GMT 2 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis