Egoismo ruín do ser humano
A onde chega o egoísmo e o ruín do ser humano
ACCIDENTE MORTAL EN CHANCELAS - DECLARACIÓNS DAS TESTEMUÑAS
Manuel Casal, voluntario que axudou a rescatar ás vítimas: "Prometinlle á avoa non deixala soa"
Faro de Vigo-Arousa/Mónica Álvarez
¿Colaboraron as demais persoas?
- Formamos unha cadea humana entre as vinte máis ou menos que estabamos aquí. Ao principio moitos non se movían polo medo, pero despois o que máis e o que menos
axudou ata que chegaron os bombeiros. Con todo algúns se portaron moi mal; unha muller díxonos que tivésemos coidado ao retirar as caixas porque os mexillóns valen diñeiro. Eu só lle contestei que debaixo dos ferros había dous nenos. Tamén houbo algúns que aproveitaron a ocasión para levarse mexillóns.
( foto / junior )
Falar non ten portelos : Aínda bo é que hai persoas con vos sentimentos e que inclusive poden dar a súa vida polos demais. Nembargantes segundo o que di este xóven rapaz Manuel Casal ante certas persoas que pertencen ao ser humano, non hai palabras para reprobar as accións de esa muller e dos que levaron a mercaduría do camión. Desde este Blog lle desexo a Manuel Casal todos os meus parabéns pola gran acción de voluntarismo que tivo. Graciñas Manuel.






Chúzao
del.icio.us
Non creo que eses bipedes formen parte da raza humana ... porque se non eu doume de baixa.
a+randeeira — 25-01-2007 - 15:45:12 GMT 2