Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O Mañanceiro.

22/01/2007 GMT 2

Non a democratización da G.C.

sarampelo @ 15:31

 

Botan un pulso para non democratizar o Corpo
Os xenerais da Garda Civil botan un pulso ao Goberno para non democratizar o Corpo
 

 O Alto Mando quere que se castigue con rigor aos asistentes ao acto do sábado.  

 21-01-2007 - M. Á. Menéndez / diariocritico.com

 

“ Reunión de generales. guardias expedientados. Según ha sabido Diariocrítico de fuentes solventes, los generales de la Guardia Civil han mantenido una reunión en la Dirección General en la que han pedido la aplicación del Código Militar con el 'máximo 6da8e9953cee2eac3e26ea933f685cab_extras_albumes_0.jpgrigor' a los guardias que el sábado se manifestaron a favor de sus derechos. En un primer momento se pidió la identificación de los manifestantes, pero, según nuestras fuentes, se ha decidido emitir a Asesoría Jurídica órdenes de apertura de expedientes. ¿Qué decidirá Pérez Rubalcaba al respecto? “  Ler máis………  

 

Falar non ten portelos : Onte, no anterior Post comentaba que, despois de trinta anos a cousa da “mani” dos Gardas Civís ía por un camiño que non tería volta atrás. Hoxe xa non teño as cousas moi claras. Esa asignatura pendente (como outras) parece que non teñen solución, é unha mágoa que non chegue a democratización a este corpo. Logo por que falan con toda a boca chea toda a clase política que nos tocou vivir dunha “democracia”, onde temos aínda hoxe “estamentos” oficiais sen democratizar desde 1975. Ven que quedou “atado e ven atado”  polo que está enterrado no “Valle dos Caídos”, Segue gañando batallas despois de morto como o Cid Campeador. Non sei se votarse a rir ou chorar. É unha coña mariñeira todo este belén.   

 

Comentarios

Comentarios(4) »

  1. Sancionar os gardas que participaron na manifestación paréceme un despropósito. Penso que sería bo ca Garda Civil perdese o seu status militar, máis ca nada para non ter no século XXI o exercito nas rúas.

    a randeeira | 22-01-2007 - 19:00:12 GMT 2 #

  2. Boas tardes Teo. Sempre é mellor rir que chorar, só que neste caso e moi dificil encontrar un simple soriso. Poida que teñan que pasar anos ata que poida asomar a democracia "o corpo"... É certo que gana batallas despois de morto... quizaís sexa certo que as pantasmas existen... Claro que eu, neste tema como tantos outros, tampouco teño as ideas nada claras. Será preciso esperar a que clarexen as nubes.

    nieve | 22-01-2007 - 21:21:02 GMT 2 #

  3. Persoalmente creo que a garda civil o que debe facer é ser desintegrada e na medida do posible fusionada coa policia nacional. E por dúas razóns: primeiro que as súas funcións e as da primeira están repartidas ao chou, porque obxectivamente un único corpo policial debería ocuparse delas, e segundo e mais importante que é un modelo de corpo de "seguridade" absolutamente arcaico e de moi triste recordo histórico para boa parte da cidadanía, porque obxectivamente durante a maior parte da súa historia a garda civil foi un corpo represivo brutal. Penso que a garda civil non debería ter sobrevivido ao fascismo e que de feito de termos roto e superado definitivamente a herdanza do cardillo así teria acontecido.

    moucho_branco | 22-01-2007 - 23:11:52 GMT 2 #

  4. Moucho_branco, iso é o que tiña que ser cando o levaba o PSOE no seu programa en 1982. Sabemos (os que lemos a historia)que a andaina desde o sr. ese da Ahumada foi un historia moi negra, casos de gran brutalidade,crimes etc.. Soamente coller certos xornais de primeiros do século XX e queda un abraiado. Pero coido que do mal menor a democratización da GC, sería o máis sensato, aínda que estou dacordo no que dis en todo, un único corpo policial non militarizado ao servicio do pobo que lle paga, non desa minoría que vive dos recordos de "todo por la patria".

    sarampelo | 22-01-2007 - 23:50:26 GMT 2 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>