Axiña esquecemos o que fomos.
Axiña esquecemos o que fomos
Falar non ten portelos : Ollar estas dúas fotos, o que as diferencia é o tempo, a primeira foi como case quen di, onte, soamente fai 50 anos. A segunda foi agora no 2006. Pero a finalidade é a mesma, a supervivencia e a fame.
Os primeiros son galegos chegando a praia de Carabobo en Venezuela, son paisanos da Galicia indocumentados que atravesaron o Atlántico desde Canarias, hai que votarlle moito valor e coraxe.
Os segundos son de África, chegando ás praias de Canarias, non son paisanos nosos, son indocumentados queren acadar esa supervivencia e “arranxar eso da fame”. Atravesaron o mar , hai que votarlle moito valor e coraxe. Non si.
Penso que algo nos une no esencial pero é unha mágoa o que nos separa, o tempo e a memoria que axiña esquecemos o que fomos.








Chúzao
del.icio.us
Lo malo, amigo mío, que ya lo sabrás, es que de la imagen de arriba muchos se olvidaron, y hoy corren con palos detrás de los que intentan venir.
Yo también soy hijo de inmigrantes, aunque en mi caso fuera interno y por tierra.
Gustavo — 19-01-2007 - 23:39:21 GMT 2
Cando os nosos pais escaparon da fame neses anos, foron ises paises (os que agora chaman "sudacas")bos e xenerosos, que nos deron unha nova oportunidade a os fillos da terra nai.
Da misma maneira, hoxe que temos o bandullo cheo e estamos a formar parte de primeiro mundo, esquencemonos daquelas datas, negamoslle o orixen a os fillos e netos, e a os que non teñen nada con nos, a eses votamolos fora ou os escravizamos, da misma maneira que o fixemos na sua propia nazón.
Que se pode decir dos segundos, si nada teñen con nos e ademais sonche negros que veñen de paises onde xa expoliamos o seus recursos, e soiamente incrementan a delincuencia na nosa terra, si foran a o menos Teodoros Obiang, entons si que os recibiriamos con unha aperta coma fixo o noso gobierno.
Roxelio Diz — 20-01-2007 - 08:41:38 GMT 2