Clásicos do Rock-Roy Orbison
2
Clásicos do Rock
Roy Orbison
“El Vaquero Solitario”
O seu verdadeiro nome é Roy Kelton Robinson. Neceu o 23 de abril de 1936 en Vernon (Tejas),. O seu pai enseoulle a manexa-la guitarra. O que lle animou a formar unha banda, The Wink Westerners, onde tocaba a música da zona o “country”.
Paseniño, foi evolucionando co rockbilly ou countryrock, logo trocou o nome da banda polo de Teen Kings. Coa súa amizade que tiña con outro músico texano, Buddy Holly, o “manager” deste, Norman Petty, escoitou os seus temas e lle facilitou unha gravación nos seus estudos de Clovis (Nuevo México) de dúas cancións, “Tryin to get to you” e “Ooby dooby”, o dono da discográfica Sun, escoitou o disco e fichouno. “ Ooby dooby” volveu a poñerse a venta, e o éxito foi moi importante. Vendéronse 350.000 copias.
Prestoulle unha canción ao grupo Everly Brothers que lle escribiu á súa dona, e resultou un gran éxito. O dono de Monument, Fred Foster, ocurriuselle variar a liña de Roy, que abandonou o rock e pasou ás baladas, adornadas con instrumentos de corda e coros de voces masculinas. E así , en 1960, saíu “Only the Lonely”, o seu primeiro número un e disco de ouro.
A súa popularidade esténdese a o Reino Unido e Australia coas súa novas cancións, “Blues angel” 1960, “Running scared” 1961, “Cryng” 1961, “Dream baby” 1962, “It´s over” 1964,e a clásica “Oh, pretty woman” 1964. Os Beatles neses anos pesaba sobre tódolos músicos con aquel síndrome “Beat”, pero Orbison mantíñase en primeira liña. 
Nos anos 70, mentres en Europa ségueselle recordando, nos EE. UU. Está esquecido. Grava algúns discos con Mercury pero sen éxito. Mentres en Australia e Inglaterra consegue discos de ouro). A utilización de Oh! Pretty Woman en anuncios de TV vólveo a popularizar nos Estados Unidos, así como versións, que dos seus temas, fan outros interpretes: Linda Ronstadt Blue Bayou,Monta concertos con The Eagles, Jefferson Starship, Tubes e Boz Scaggs con éxito. En 1978 volve cambiar de selo e firma con Elektra Records, coa que grava Laminar Flow. Nos 80 foron máis coñecidas as recopilacions e, sobre todo, as versións que facían outros interpretes das súas cancións que o seu propio traballo. A utilización por David Lynch de In Dreams na súa película Blue Velvet.
Tivo moitos golpes na vida, o primeiro foi en 1966 cando viaxaba na súa moto coa súa dona; tivo un accidente, e Claudette finou no acto, deixando con tres fillos. Escribiu unha canción sobre este feito, “Too soon to know”, que foi un éxito en Inglaterra. Aínda lle agradaba tragos amargos: en 1968, de xira por o Reino Unido, un incendio na súa casa de Tennessee, perderon a vida seus fillos Roy de 13 anos, e Tony de 8. A partir destes entres non levantou cabeza, aínda que seguiu traballando para a casa MGM e Mercury. Co paso dos anos volveu aos seus orixes country.
En 1981 gana o seu primeiro e único Grammy polo dueto con Emmylou na categoría country. En 1987 é elixido para the Rock and Roll Hall of Fame. O premio recibiuno da man de Bruce Springsteen que dixo: "Algo do rock'n'roll reforza amizades, e tamén á comunidade. As baladas de Roy foron sempre resultaron ser as mellores cando estabas só na escuridade". As cancións, continuou dicindo Springsteen, "descubrían o lado oculto do romance pop -eran perigosas. Cando me fun ao estudo para gravar o álbum Born To Run, quixen escribir letras como as de Bob Dylan pero que soasen co estilo de Phil Spector... tamén quería cantalas como Roy Orbison. Pero ninguén canta como Roy Orbison"
Roy Orbison morre dun ataque ao corazón o 6 de decembro de 1988. En el sempre combinaba a ficción das súas cancións coa súa vida atormentada. T.C.F
VÍDEO
Roy Orbison con Bruce Springsteen, con un só de guitarra digno de escoitar.






Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario